IES A Pinguela - Oferta educativa - ESO
-----------------
 
ACCESO

O alumnado incorporarase, con carácter xeral, ao primeiro curso da educación secundaria obrigatoria, de acordo coas normas de promoción a estas ensinanzas, unha vez cursada a educación primaria, no ano natural en que cumpran os doce anos de idade, agás nos seguintes supostos:

a) Alumnado que permanecese un ano máis na educación primaria en virtude do establecido nas normas de promoción de ciclo destas ensinanzas.

b) Alumnado con altas capacidades intelectuais aos cales se lles flexibilizase o inicio e/ou a duración da educación primaria.

c) Alumnado con necesidades educativas especiais que prolongase a súa escolarización na educación primaria en centros ordinarios un ano máis do previsto no apartado a).

d) Alumnado que se incorpore tardiamente ao sistema educativo español, de acordo co establecido neste decreto.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela