MULLERES

“As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efemero permanece”.

Ana Romaní, “Das últimas mareas”1994

 
“Non vemos as cousas como son.
Vemos as cousas como somos”
Anais Nin
Obra de Marga Conde

 

CONCURSO:
¿SABES QUEN SON?

BIBLIOGRAFÍA DE
XÉNERO

BIBLIOGRAFÍA DE
IMAXE CORPORAL

 

 

Texto introductorio

Unha aproximación simplista pode facernos pensar que a realidade é única e indivisible, que todos a deben apreciar e experimentar da mesma maneira : é absolutamente falso, cada quen ve o que quere, o que pode, o que está adestrado para ver.

É obvio que as aportacións de homes e mulleres permitiron e permiten avanzar á nosa civilización. Uns e outras fixeron de nós o que somos. Sin embargo, só un número ínfimo de persoas ten o privilexio de que os seus nomes sexan recollidos de xeración en xeración e preservados como un legado incuestionable e valioso do noso pasado. ¿Nunca te preguntaches por qué a inmensa maioría son homes ?

Só unha interpretación ignorante, ou aínda peor, malintencionada, pode manter que este feito reflicte unha realidade rigorosa. Simplemente, responde a un proceso de transmisión de valores sesgados por principios conscentes ou inconscentes que contaminan toda a nosa tradición cultural. A nosa historia é, en gran parte, a historia da ocultación das mulleres.

Gustaríanos falarte das vexacións e discriminacións ás que millons de persoas veñen sendo sometidas na maioría dos países do mundo polo simple feito de ser mulleres. Tampouco esqueceremos esa outra “escravitude” tan perniciosa y sutil do mundo occidental: o implacable culto ó corpo que fai chorar a millóns de mulleres frente ó espello, incapaces de acadar un modelo de beleza único e imposible, que é fonte de trastornos cada vez máis frecuentes e graves entre xoves e adolescentes. Pero en modo algún queremos limitarnos a iso; despois de todo, o papel da muller “víctima”, “boa “ “abnegada” “mártir” é culturalmente aceptado e premiado na sociedade patriarcal porque é nela ónde se xesta.

Queremos tamén falarte de mulleres “perigosas” e desafiantes para unha sociedade onde sempre primaron os valores dos homes. Mulleres fortes e orgullosas que foron e son eminentes matemáticas, filósofas, pintoras, escultoras, escritoras, loitadoras polas liberdades, trasgresoras de costumes absurdas, viaxeiras e exploradoras infatigables, compositoras, científicas, políticas... Fai a proba ¿Cántas coñeces? ¿Quénes foron? ¿Cómo se chamaban? ¿Ónde están? . Pois houboas e hainas..

Tentaremos entender por qué as relacións entre mulleres son tan complexas, tan difíciles, tan dorosas a miúdo. ¿Quén non pelexa coa súa nai case a diario?¿Quén no fondo non critica ás súas amigas porque está véndoas como posibles competidoras?

Pero gustaríanos que saibas que tamén hai mulleres que aprenden a unir os seus esforzos e a traballar xuntas, non contra os homes, sí aportando un punto de vista propio e diferente e polo tanto enriquecedor. ¿oíches falar das Nais de Maio?¿Sabes quenes son as Mulleres de Negro? ¿Sabes que hai mulleres palestinas e xudeas traballando xuntas, fartas da sangría sen fin que dezma as súas familias? ¿Sabes que importantes proxectos agrícolas están sendo desenvolvidos por mulleres no Terceiro Mundo?

Mostrarémosche poderosas asociacións de mulleres na rede, que ofertan información de todo tipo e están normalmente vencelladas a movementos pacifistas e/o feministas.

Debemos rendirlles un pequeno homenaxe a todas porque o que somos tamén debémosllo a elas, porque herdamos os beneficios dos seus esforzos, algúns moi cercanos, moi lonxanos outros e convén non esquecelo porque nada nos foi dado de balde e aínda queda moito por facer.

Non se trata de imitar modos de actuar considerados como propios dos homes, pois sen dúbida volveríanse a cometer os mesmos erros. Trátase, en suma, de crear unha nova cultura porque os roles tradicionais tambaleanse ( tamén se fala de novas masculinidades e paternidades). Deste xeito eles terían acceso a espacios que ata agora lles estaban prohibidos: vulnerabilidade, tenrura, delicadeza...

Como membros da comunidade educativa entendemos que o noso cometido é profundizar nun modelo de educación no sexista. Pensamos que esta é a única manera de contar no futuro con cidadáns y cidadanas máis formados, máis responsables, máis libres.