|
| |
A través deste eixo transversal pretendemos :
-
Ensinar ós alumnos e ás alumnas as a a utilizar personal e
socialmente o tempo de lecer de forma creativa e non alienante atendendo a
conseguir mellores niveis de benestar social.
-
Promover o descubremento e valoración, por parte
do alumnado, de distintas alternativas saudables e enriquecedoras para
ocupar o seu tempo de ocio.
-
Potenciar a actividade lúdica para que os alumnos
e as alumnas incorporen actitudes e desenvolvan destrezas e capacidades que
favorezan os seus procesos de aprendizaxe e determinen as súas propias
afeccións.
-
Potenciar todas as posibilidades de descubrir e
experientar co corpo como medio de relación, expresión, comunicación e
creación persoal posto que supón incidir de cheo nunha conformación
integral da personalidade e polo tanto da conducta espontánea, libre e
creativa.
-
Proporcionarlles os alumnos e alumnas os
instrumentos de análise e de crítica necesarios que permitan a formación
dunha opinión e unha actitude propias fronte as distintas posibilidades de
ocio que lles pode ofrecer a sociedade de consumo.
Así, máis concretamente, traballamos para:
-
Formar persoas que adopten un concepto activo e
positivo do ocio que favoreza o seu desenvolvemento persoal e a súa creatividade.
-
Fomentar o cultivo de valores e hábitos positivos
nos nenos e nenas, a través da súa participación individual e/ou grupal
en diferentes actividades.
-
Fomentar valores como a amizade, participación,
tolerancia, colaboración, espírito crítico...
-
Apreciar e valorar a recuperación de xogos
populares e tradicionais e a súa práctica como desencadeante da actividade
lúdica e como recurso para a realización das máis diversas actividades.
-
Promover a participar en xogos e deportes de
conxunto observando as regras de xogo acordadas previamente e aceptando o
triunfo e maila derrota como feitos normais da sana competencia.
-
Apreciar a actividade motriz para ocupar o tempo
libre para relacionarse cos demais, pasalo ben, coñecerse mellor e atoparse
ben consigo mesmo e cos outros superando individualizacións e diferencias.
-
Valorar as actividades de lecer (teatro, cine,
música, xogos, deporte, afección...) como forma de gozo de relación cos
demais e de emprego do tempo libre.
-
Valorar a lectura como fonte de pracer, diversión
e aventura, atopando nela unha canle de formación, información e
ampliación de experiencias.
-
Explorar as posibilidades expresivas, tanto a
nivel oral como na escrita, cultivando a creatividade e a fantasía propias
de cada estadio evolutivo a través das actividades lúdicas que desenvolvan
a súa personalidade estética.
-
Coñecer as linguaxes e soportes dos diferentes
medios de comunicación, empregando de xeito eminentemente práctico, textos
periodísticos, prensa, publicidade, televisión e historias gráficas.
|