CEIP SOBRADA |
|
Con este proxecto tratamos de dar a coñecer, a través da práctica lúdica vinculada á cultura circundante, outras formas de xogar para ofrecerlles ós nenos e ás nenas a posibilidade de facer unha práctica xeneralizada destes xogos durante os recreos en convivencia harmónica con outros deportes. A experiencia resultou moi motivadora, con gran implicación e participación por parte de todos os membros da comunidade educativa. Serviu de base para a práctica dos xogos no recreo e para a realización de distintas actividades a nivel de Centro e de aula. |