CEIP SOBRADA
Actuacións















 

Medio ambiente Obxectivos Actuacións
Educación para o lecer Obxectivos Actuacións
A paz e a tolerancia Xoga, non pelexes Obxectivos Actuacións
Coñecémonos mellor, respectámonos máis Obxectivos Actuacións
Educación vial Obxectivos Actuacións
Consumo e saúde Obxectivos Actuacións
Educación para a igualdade entre os sexos Obxectivos Actuacións
 

NA AULA
NOS TALLERES

NO CENTRO
A TRAVÉS DAS SAÍDAS
NAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

NA AULA

  • Abordouse nas aulas o coidado do medio ambiente, a importancia da reciclaxe, o mantemento e coidado da Natureza, facendo especial fincapé na perigosidade dos vertedoiros incontrolados, na importancia de utilizar os lugares adecuados para materiais contaminantes como as pilas e do dano que ocasionan os incendios forestais. Mantivéronse debates colectivos nos que os propios nenos e nenas suxerían solucións para palia-lo deterioro do medio.

  • Libriño de "NORMAS PARA O COIDADO DA NATUREZA" (onde se traballan aspectos como: apagar luces, aforro de auga, limpeza do entorno...)

  • Obra de teatro; sobre a contaminación do mar e as posibles solucións para evitala. "COIDAMOS O MAR" o Actividades de respecto pola Natureza a través dos temas de Coñecemento do Medio: animais, plantas, peixes, enerxía...

  • Coidado de animais "mascotas": hámster, periquiños, peixes, tartaruga no 1º ciclo e Ed. Infantil. Intercambio das mascotas entre estes ciclos e elaboración das normas para o seu coidado que acompañan (a modo de instruccións) ós animais no intercambio.

  • Os alumnos de 6º participaron no concurso sobre medio ambiente "Sebastian Littel Green"

NOS TALLERES:

    Talleres de reciclado:

  • Reciclaxe de papel, porquiño con lata de refresco,lobo con calcetín, flores en papel reciclado, monecos con pasta de papel, globos terráqueos, monicreques feitos con envases de iogur, papel de periódico, cola e auga e revestidos con retais de tea, decorados varios: castelos, casas... Gran parte  deste material foi elaborado en plástica e utilizáronse nas Xornadas Culturais para representar nas aulas de Educación Infantil e 1º ciclo contos clásicos adaptados por eles e outros inventados na súa totalidade.

  • Mentalización dunha recollida selectiva do lixo. Pintamos catro contedores para separa-lo lixo: vidro, papel, materia orgánica e metal.

  • "O Súper": Aproveitamento de caixas, botes... de desfeito para facer o noso supermercado. Ademais foron traendo ó longo do curso todo tipo de envases baleiros para estudiar a etiquetaxe, poñerlle os prezos mirando polos catálogos, levar a cabo diversas actividades matemáticas (o euro) e sobre todo pasar a engrosar o Súper do Colexio. Estudio dos símbolos de reciclaxe nos envases.

NO CENTRO:

  • Preparación e realización de debates, charlas, diapositivas sobre as consecuencias do uso indiscriminado dos recursos naturais.

  • Visita dos forestais (charlas, proxección de diapositivas sobre a fauna e a flora, plantación de carballos americanos...)

  • Actividades divulgativas sobre o medio ambiente 2000 (dentro do programa de difusión ambiental do ano 2000 convocado pola Consellería de Medio Ambiente)

  • Papeleiras de caixas de cartón para recoller o papel reciclable.

  • Recollida de pilas.

  • Recollida, clasificación e arquivo de material (fotográfico, noticias...) relacionados coa defensa e conservación da Natureza.

  • Exposición de fotografías da zona (contamos coa colaboración dos pais)

  • Semana da prensa: selección dunha fotografía sobre o medio ambiente para elaborar cada neno o seu propio pé de foto.

  • Murais do "Medio Ambiente"

  • Visita do PLANETARIO onde nos falaron do Cosmos: estrelas, planetas, satélites, constelacións...

A TRAVÉS DAS SAÍDAS:

Planificación e realización de itinerarios para a observación e estudio dos ecosistemas:

  • Saídas ó entorno.

  • Percorrido pola senda botánica e ruta de sendeirismo no Monte Aloia e Visita á "Casa Forestal" : Proxección dunha película sobre a fauna e flora do monte e realización de diversas actividades (auditivas, manipulativas...)

  • Excursión ó Estuario do Miño para observar as aves mariñas. Dirixida por persoal especializado que comentou as súas características máis salientables: o hábitat idóneo para elas e o perigo de extinción dalgunhas especies.

  • Visita a TAFISA e ó centro de LOURIZÁN

  • Saída ó zoo.

NAS ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS:

  • Magosto no monte Aloia. Visita a casa forestal...

  • Nadal. Belén feito con material de desfeito.

  • Árbore de Nadal seco adornado con material de refugallo.

  • Entroido.Disfraces acorde con esta temática.

  • Día da paz. Enfocada cara a conservación do medio ambiente con  lemas e slogans sobre o coidado e respecto da Natureza, escritos en flores feitas con papel reciclado, que se leron no patio nun acto conxunto do Colexio.

  • Radio escolar: "SOS CONTAMINACIÓN", e posterior obra de teatro interactivo (alumnos de diversos ciclos) Neste curso que dedicamos o estudio da Natureza, intentamos a concienciación da importancia da nosa participación na súa conservación, nacendo así unha obra pensada en principio para a radio, que logo se representa como obra teatral e que pretende ser unha declaración de intencións do que nos podemos facer pola mellora da saúde e calidade do noso planeta TERRA.

Todas estas manifestacións concretas, que ademais se relacionan cos outros transversais, contribúen dun xeito bastante eficaz a ir responsabilizando ós nenos e nenas no coidado de determinados aspectos da Natureza e no cumprimento de Normas relacionadas coa súa conservación. Notamos nos nenos durante o curso un cambio na súa sensibilidade cara este tema, preocupándose por todo o relacionado co Medio Ambiente, que lles permitiu desenvolver, pouco a pouco, o espiritu de curiosidade, respecto e coidado ó Medio.