|
| |
-
Concretamente, o feito de observar certas actitudes de menosprecio e
alonxamento da cultura, costumes e outras manifestacións dun pobo ( o
portugués), tan próximo a nós tanto no espacio e na súa evolución, co que
se establecen numerosas e frecuentes relacions, levounos ó deseño deste
proxecto de coñecemento e achegamento mutuo na crencia de que se conseguimos
convivir e coñecernos mellor lograremos tamén valorarnos e respectarnos máis:
"Coñecémonos mellor, respectarémonos máis"
-
A primeira fase do proxecto levase a cabo durante o primeiro trimestre do
curso, celebrando reunións de profesoras en Valença en horario non lectivo.
-
Os contactos a través da correspondendencia ( segunda fase)
teñen lugar,
ó longo do segundo trimestre, nas aulas dentro do horario adicado a língua
galega e coñecemento do medio segundo a actividade que se realice. A
participación en "Ponte... nas ondas!, a través da emisión dun
programa conxunto, facilitou tamén estas relacións.
-
A terceira fase na que se celebra a convivencia
encadrase no terceiro
trimestre, ó redor das xornadas culturais das Letras Galegas, e realizase nas
dependencias do Centro, pero sobre todo no patio.
|