CEIP SOBRADA
Ed. igualdade entre sexos















 

Medio ambiente Obxectivos Actuacións
Educación para o lecer Obxectivos Actuacións
A paz e a tolerancia Xoga, non pelexes Obxectivos Actuacións
Coñecémonos mellor, respectámonos máis Obxectivos Actuacións
Educación vial Obxectivos Actuacións
Consumo e saúde Obxectivos Actuacións
Educación para a igualdade entre os sexos Obxectivos Actuacións

Dentro da educación en valores e da inclusión dos temas transversais no currículo adicámoslle este curso á igualdade entre os sexos posto que entendemos que a escola debe traballar a prol da coeducación ofrecendo ós nenos e ás nenas igualdade de oportunidades para abordar o coñecemento e integralo na súa propia experiencia xa que o acceso á educación e á cultura son unha das bases sobre as que se asenta a igualdade entre os sexos.

Coherentemente co principio metodolóxico da globalización organizamos os contidos e as actividades tomando como eixo central aqueles bloques temáticos do currículo que inciden de xeito máis directo na educación para a igualdade e a non discriminación. Así, nos distintos ciclos desenvolvemos proxectos centrados no coñecemento do propio corpo (educación sexual), nos distintos oficios, na situación da muller a través do tempo e no ámbito do nosos centro, na igualdade no reparto e na realización das distintas tarefas. Todos estes proxectos chegado o momento conformaron outro global do Centro: "Camiñando cara á igualdade"


fai clic aquí
para ver o cadro ampliado