|
| |
Entre as numerosas posibilidades
formativas de actividades para realizar no tempo libre traballamos as seguintes:
LECTURA:
-
Recibimos a visita dos animadores culturais KALANDRAKA e EVEREST, que
representaron distintos contos para os nenos e nenas.
-
Asistimos a conferencias a cargo dos escritores Antonio García Teixeiro e
Silvestre Gómez Xurxo e do ilustrador Rafael Salmerón.
-
Traballamos nun taller de Animación á Lectura, no que dun xeito lúdico
intentamos conseguir que os nenos e as nenas valoren a lectura como fonte de
pracer, diversión e aventura
-
A mesma finalidade procuramos co Proxecto de Lectura Eficaz.
-
Realizamos actividades coa maleta viaxeira "Central letrera".
-
Participamos no Plan de fomento da lectura en centros escolares promovido
pola Consellería nas modalidades de "viaxe polo mundo dos libros" e
"pasaporte de lectura "
-
Tódolos alumnos do centro participamos tamén no concurso convocado
por Normalización Lingüística "Entre nós ,en galego" en certame de
recitado de poemas e narración oral de contos.
EXPRESIÓN ESCRITA:
VIAXES:
-
Á Área Panorámica de Tui para asistir a unha conferencia e exposición
sobre " Os muíños e o burro fariñeiro "
-
Visita ó estadio de Balaídos e ós xogadores do Celta.
-
Viaxe en tren dende Vigo a Pontevedra e viceversa, disfrutando na
estación de Pontevedra dunha sesión de animación a lectura.
-
Paseo en barco polo río Miño.
-
Viaxe ó planetario de Oporto e o zoolóxico de
Maia.
-
Viaxe a Illa de Ons .
-
Visita os castros do monte Tegra , esteiro do Miño e os muíños do
Folón.
-
Viaxe o acquarium do Grove e visita a Combarro.
MANUALIDADES:
-
Dende o mércores 14 ata o venres 23 de maio celebramos as VI xornadas
culturais , nas que houbo demostracións dos distintos oficios artesáns
(bordado, velas, coiro),
-
No taller de plástica os nenos e nenas experimentaron con distintas
técnicas plásticas co obxectivo de disfrutar desta actividade fundamental para
o desenvolvemento da capacidade creadora do alumnado e para os procesos de
socialización.
CINE:
A través do taller de cine intentamos fomentar o seu interese por ver
películas e así organizamos a "Semana de cine en galego"
para visionar películas como :
"Pipi Calzaslongas " e "A sebe das moreiras ".
TEATRO:
-
Participación no apartado de dramatización de "Entre nós, en
galego".
-
Acudimos o Centro Cultural de Caixanova en Vigo en varias ocasións
para disfrutar das seguintes representacións teatrais : "A princesa e a
pardela ", "Alí ,su abuela y la alfombra que vuela ".
"Cuentos del cielo "
-
Fomos actores e actrices representando: "A regueifa das
flores", "A princesa que non sabía espirrar " , "Chirlo Merlo e os
seus amigos", "Grandullón, o xigante abusón" ,etc.
XOGOS:
-
Xornada de xogos en Indiana Bill.
-
Na Xornada de xogos populares
,de tanto éxito
no noso colexio, os nenos e nenas recordaron tódolos xogos, e incluso
coñeceron algún novo , ós que poden xogar no seu tempo de lecer en
contacto cos amigos e amigas. Coa celebración desta xornada intentamos
concienciar os nenos e nenas da importancia dos xogos colectivos para o
desenvolvemento da súa personalidade, para establecer relacións cos demais e
para ocupar de xeito formativo o seu tempo libre.
-
A través do xogo cooperativo,
"Xuntos é
máis divertido" descubrimos diferentes
alternativas de ocio : teatro, música, pintura, radio, cine, lectura, natureza,
manualidades ... que plasmamos en distintos traballos plásticos cos
que construimos un gran mural, "Adicamos o tempo libre a ...",
que amosaba tamén as conclusións gráficas do traballo
realizado sobre as preferencias dos nosos alumnos/as na
ocupación do seu tempo de lecer.
-
No taller de xogos cooperativos intentamos recuperar xogos para que
eles ocupen o seu tempo de ocio compartíndoos cos seus amigos (aprendendo as
regras, xogando en equipo, aprendendo a saber perder.
FESTAS:
- No Nadal démoslle un enfoque artístico e
lúdico á montaxe do Belén, no que colaboraron as familias
aportando figuras que representaban personaxes de contos, de debuxos
animados, realizando distintas actividades de ocio: cine, teatro,
afeccións ., intentando recrear un mundo de
fantasía co afán de fomentar distintas afeccións: lectura, xogos,
deportes...
- No entroido os disfraces elixidos así como o lema da pancarta é unha
das actividades máis significativa do tema transversal traballado e que mellor
evoca posteriormente nos nenos e nenas o recordo en relación con estes contidos.
Polo tanto, neste curso,os disfraces, confeccionados de xeito artesanal nas
aulas, representaban xogos de mesa : parchís, baralla de póker, afundir a
flota, xadrez, baralla española, e dominó.
- Participamos no programa de radio
escolar " Ponte Nas...
Ondas". Todo o centro participou no concurso de debuxo "Unha escola no
fondo do mar" convocado polo CEIP Humberto Juanes no que obtivemos premios
en tódolos niveis e difundimos, animamos a participar e participamos no de
"Mobilízate polo mar".
- No taller de cociña nenos e nenas disfrutaron "metendo as mans na
masa" para facer e comer pratos sans , ricos e sobre todo divertidos,
presentando así outra opción para o seu tempo libre.
- XORNADAS CULTURAIS.- Durante
as xornadas deste ano as actividades foron seleccionadas tendo en base a súa
contribución ó logro dos obxectivos propostos. Así:
- Confeccionouse un marcapáxinas no que, ademais da actividade plástica, incluíuse unha
poesía, seleccionada por cada un dos nenos e nenas, de autores homenaxeados ata
o de agora no Día das Letras Galegas.
- Na biblioteca do centro, tivo lugar a exposición de cadros feitos no taller
de pintura.
- Os obradoiros contratados fixeron alusión a distintos oficios que
amosan actividades as que pode adicarse ó tempo libre: bordadora,
elaboración das velas de forma tradicional e traballora do coiro confeccionando
pulseiras, colgantes e chaveiros.
MÚSICA:
- Participación no certame musical de "Entre nós, en galego".
- Acudimos a Caixanova para escoitar algún concerto musical.
- Dramatización plástica e corporal: -"A primavera de Vivaldi
".
PRENSA:
No taller de Prensa como reporteiros/as, redactores/as, maquetadores/as... os
nenos e nenas do primeiro e segundo ciclos encargáronse de recoller para a nosa
revista moitas das actividades realizadas no colexio relacionadas co lecer e o
tempo libre .
Durante a celebracións das xornadas culturais publicouse a sexta
edición da nosa revista escolar co título "O tempo de ocio compartido é
máis divertido" a través da que amosamos unha morea de actividades nas
que participamos e que constitúen múltiples e variadas alternativas para
empregar de xeito positivo e enriquecedor o noso tempo de ocio, incluíndo
seccións de reportaxes, xogos, lecturas, deportes, manualidades, teatro, cine,
cociña, pintura, debuxo, pasatempos,obradoiros, música, festas, viaxes,
radio...
DEPORTE:
- Participamos en deporte escolar.
- Alumnos do Colexio deron unha conferencia titulada: "Os deportes e Os
xogos Olímpicos" . Cun soporte gráfico ilustrado contaron ós outros
nenos o que aprenderan sobre este proxecto .
|