CEIP SOBRADA
Xuizo 00-01















 

Curso 98-99 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 99-00 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 00-01 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 01-02 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 02-03 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 03-04 Reinado Xuizo Ladaíñas

 

XUÍZO Ó MECO

Os alumnos e alumnas deste Colexio a ti Meco ímoste acusar de tódolos los males que no mundo sen xusticia están a pasar co fin de poderte xuzgar e así algo solucionar.

  • Acusámoste Meco de nos querer matar: ós ricos de indixestión e ós pobres por malnutrición.
  • Acusámoste das guerras que no mundo están a suceder e con eso a paz non emprender.
  • Acusámoste de non permitir que os alumnos de sexto deixen o campo de fútbol compartir.
  • Culpámoste Meco das pelexas continuas do Colexio e das palabras tan  pouco finas.
  • A ti Meco ímoste culpar polas vacas facer tolear e non saber como iso vai rematar.
  • Acusámoste de querer ós inmigrantes para traballar e despóis non lle pagar. Culpámoste de á terra facer temblar e así tanta xente matar.
  • Culpámoste por facernos tanto consumir e non deixarnos vivir.
  • Culpámoste Meco por tanta contaminación que nos deixa sen respiración. Meco lambón, acusámoste por non abri-lo pabillón e por iso vas ter un montón de manifestacións.
  • Acusámoste da chuvia que tivemos que pasar e nos catro meses non poder bailar.
  • Codenámoste polos animais matar e a nós que non nos deixes respirar. Ó Meco queremos queimar por tantas guerras organizar.
  • Ó Meco temos que acusar pola inxusticia e a pobreza no mundo causar. Culpámoste Meco pola xente matar e a nós engañar.
  • Culpámoste Meco por permitir ós ricos todo malgastar e nada para os pobres destinar.
  • Culpámoste Meco de tanta inxusticia que agora mesmo aínda hai en Galicia.
  • Culpámoste Meco polas drogas inventar e así con tanta xente acabar.
  • Culpámoste por tanta desigualdade na educación e na sanidade.
  • Acusámoste por tantos xoguetes nós ter e outros non poder nin sequera comer.
  • Culpámoste Meco desta realidade: que neste mundo haxa tantas enfermidades.
  • Culpámoste por permitir tanta maldade e tan pouca felicidade. Condenámoste por tanta chuvia mandar e así moitos pobos asulagar.
  • Por último querémoste acusar por ser tan egoísta e non quererse queimar.
  • O noso xuízo é de lei, o Entroido ha de morrer Para que se cumpla o mandato e poida voltar nacer. E ha de morrer na fogueira con lume da nosa man, Para que nada del quede salvado e as súas cinzas sementen o chan.
  • Este xuízo dase por rematado e como derradeira disposición Mando e ordeno que hoxe o Entroido sexa queimado.