CEIP SOBRADA
Xuizo 01-02















 

Curso 98-99 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 99-00 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 00-01 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 01-02 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 02-03 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 03-04 Reinado Xuizo Ladaíñas

XUÍZO Ó MECO

Os alumnos e alumnas deste colexio a ti Meca ímoste acusar de tódolos males que no mundo sen xustiza están a pasar co fin de poderte xuzgar e así algo solucionar.

  • Culpámoste Meca por haber tanta discriminación e de que non nos axudes a buscar unha solución.
  • Culpámoste Meca de á xente permitir maltratar e á outra non deixar traballar.  Acusámoste Meca por tanto mal que fixeches á xente que agora te van poñer quente.
  • Acusámoste Meca de coas guerras a xente matar e ós nenos orfos deixar.
  • Culpámoste polos avións estrelar, as torres derrubar e logo as guerras provocar.
  • Culpámoste Meca polos malos tratos non parar e incluso a moitas mulleres matar.
  • Acusámoste de o flúor facernos tomar e a nós non nos gustar.
  • Culpámoste Meca por tanta droga fabricar e a moita xente matar.
  • Acusámoste Meca de ós pobres non axudar e de que os ricos nopn teñan que traballar.
  • Meca culpámoste por permitir a ventana pechar e o noso balón non poder recuperar.
  • Culpámoste Meca de os bancos atracar e á xente sen diéiro deixar.
  • Acusámoste de tantas árbores talar para a súa madeira lle arrincar,tanto papel fabricar e así non poder respirar.
  • Culpámoste meca por ós animais facer enfermar e a nós deixarnos sen xantar.
  • Condenámoste Meca polo aire levantar e ós homes e mulleres facer tolear.
  • Meca lambona acusámoste pola paz deixar marchar e as guerras comezar.
  • Acusámoste meca de a nosa paciencia acabar e así ós profesores enfadar.
  • Acusámoste meca de as torres xemelgas derrubar e a Bin Laden non atopar.
  • A ti Meca témoste que acusar por tódalas desgracias causar. Por todo o que che acabamos de dicir culpable te debes sentir; como a pena de morte queremos abolir non imos permitir que deixes de vivir e nunhas brasas te convertir; pero como tes que te redimir as tarefas e así poder tamén sorrir do Centro has de compartir para entre todos o traballo repartir.