|
| |
XUÍZO Á MECA
Meca: Chegou o día de che facer un xuízo público para saber
de que te están a acusar,e nós poder comprobar,despois de a todos/as escoitar,se
ti con todo iso tes algo que ver e un veredicto poder poñer,que a todos/as dea
pracer.
- Culpámoste Meca porque nalgúns xogos, non poder
participar ,nenos e nenas por igual.
- Culpámoste Meca das guerras do mundo haber, e
fillos/as nais e pais nelas morrer.
- Acusámote Meca de ós homes non deixar no fogar
traballar, e así ás mulleres explotar.
- Acusámote Meca de ás mulleres asustar, para ós
homes deixar gobernar.
- Culpámoste Meca por permitir na escola roubar, e
nós así non poder xogar.
- Acusámote Meca de a moitos/as nenos/as facer
desaparecer, e ós pais e ás nais non poder socorrer.
- Culpámoste Meca de que os homes se estean a
emborrachar, e ás mulleres despois maltratar.
- Acusámote Meca dos terremotos na terra causar, e
moitas casa derrubar.
- Culpámoste Meca de permitir tanto maltrato, e que
moitas persoas non reciban un bo trato.
- Acusámote Meca de permitir as carrreiras ilegais
celebrar, e a moita xente atropelar.
- Culpámoste Meca de que os prezos tanto estean a
aumentar, e os soldos para os alimentos non chegar.
- Culpámoste Meca por ós homes ao seu aire deixar, e
ás mulleres nas casas soas facer traballar.
- Acusámote Meca de que non haxa igualdade, e aínda
que pareza mentira...así está a sociedade.
- Acusámote Meca de as nosas mochilas tanto pesar,
que as nosas costas xa non as poden aguantar.
- Acusámote Meca de que no mundo haxa tan pouca
tolerancia e sí moita vinganza.
- Acusámote Meca de non permitir as tarefas da casa
compartir e ás mulleres así tanto sufrir.
- Culpámoste de a moitos/as terroristas non coller e
moita xente medo a eles/as lle ter.
- Acusámote Meca de o tempo facer cambiar e así os
nenos/as no patio non poder xogar.
- Culpámoste Meca de que a moitas mulleres aínda
fóra da casa non deixar traballar, e despois soldo a fin de mes non chegar.
- Culpámoste de todo o malo que no mundo está a
pasar e nós telo que aguantar.
- Acusámote Meca polo mundo destrozar, danando as
capas do ceo para nos matar.
Escoitadas todas as acusacións, cunha profunda atención, e
despois de moitas deliberacións, xa temos unha solución:
"Mereces unha gran malleira, por iso ... nunha boa
fogueira arderás cunha gran fumeira nesa outra beira".
E nunca esquezades os/as que aquí presentes estades
que...
"PARA TODOS/AS MELLOR VIVIR AS TAREFAS SEMPRE DEBEMOS
COMPARTIR"
|