CEIP SOBRADA
Xuizo 04-05















 

Curso 98-99 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 04-05 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 00-01 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 01-02 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 02-03 Reinado Xuizo Ladaíñas
Curso 03-04 Reinado Xuizo Ladaíñas

Os alumnos e alumnas deste Colexio a ti Meco ímoste acusar do mal que está a pasar e despois de te escoitar e moito deliberar a sentenza te ha salvar ou pola contra condenar.

  • A ti Meco ímoste castigar por tantas mortes nas estradas provocar.

  • Condenámoste Meco polo velocímetro dos coches facer subir e por causa diso    tantas   familias destruír.

  • Acusámoste Meco por tan poucos sinais colocar e así nos coches moitos accidentes causar.

  • Culpámoste Meco por permitir o cinturón non usar e por culpa diso a moita xente asasinar.

  • Culpámoste Meco por a xente emborrachar e entón accidentes provocar.

  • Culpámoste Meco pola xente atropelar e ós coches esnafrar.

  • Culpámoste Meco por un gran maremoto traer e unha grande cantidade de xente morrer e desaparecer.

  • Culpámoste Meco polos semáforos en vermello saltar e así grandes problemas poder causar.

  • Culpámoste Meco polos stops non respectar e á xente atropelar.

  • Culpámoste Meco por un paso de peóns en Sobrada faltar e así a xente para cruzar moito tempo ter que esperar.

  • A ti Meco ímoste acusar da bicicleta utilizar e o casco non levar.

  • Culpámoste Meco por conducir e os sinais de tráfico non cumprir.

  • Acusámoste Meco polos nenos non obrigar o cinturón no coche levar.

  • Culpámoste Meco polos sinais de tráfico non respetar e así grandes danos ocasionar.

  • Culpámoste Meco por ser tan cantante e non querer levar o chaleco reflectante.

  • Obrigámoste Meco a ter unha grúa e quita-los coches da rúa.

  • Acusámoste Meco por tantos móbiles usar e ós automóbiles facer chocar.

  • Condenámoste Meco polos pasos de peóns non parar e así á xente non deixar cruzar.

  • Acusámoste Meco por estampidas permitir cando ó patio imos saír.

  • Ó Meco imos obrigar a que non haxa atascos e nas motos levar cascos.

  • Culpámoste Meco polos gardas non permitir ó tráfico ben dirixir.

DESPOIS DE TODO O ESCOITADO A SENTENZA ESTÁ TOMADA:

 MECO ESTÁS CONDENADO A MORRER QUEIMADO