|
| |
XUÍZO Ó MECO
- A este Meco imos acusar dos problemas que na natureza estás a causar.
- Culpámoste Meco por ser tan ruín e o medio ambiente levar o fin.
- Ó Meco acusamos polas flores aplastar e logo non volver a plantar.
- Ó Meco acusamos polas árbores talar e o medio ambiente estragar.
Acusámoste Meco por disimular e logo lixo tirar.
- Culpámoste Meco por ríos contaminar e árbores e animais afogar.
- Ó Meco imos acusar por tantas árbores talar e a tantos animais matar.
- Culpámoste Meco por tantos deberes mandar e así tantas árbores
estragar.
- Condenámoste Meco polo burato da atmosfera facer medrar e a nós tanto
achicharrar.
- Culpámoste Meco por tantas árbores talar e tantas aves deixar sen fogar.
- Acusámoste Meco por tantísimas estradas crear e a moitos animais
deixar sen fogar.
- Condenámoste Meco de tantos incendios formar e tantos animais non deixar
medrar.
- Culpámoste Meco polos ríos desbordar e a tantos peixes non deixar criar.
- O Meco imos acusar por tantas guerras facer e os nenos felices non deixar
ser.
- Acusámoste Meco por moito contaminar e logo o mal non poderse remediar.
- Ó Meco culpamos por tanto destrozar e por pouco axudar.
- Culpámoste Meco pola capa de ozono furar e así os polos estragar.
- Meco acusámoste por o mar contaminar e así non nos poder bañar.
- Culpámoste Meco por destruir os nosos mares mediante o Prestige.
- Culpámoste Meco polas Gándaras ensuciar e así as aves non poder
observar.
- A ti Meco culpámoste por a guerra permitir e ós países indefensos invadir.
- Escoitadas as acusacións ti Meco queimado deberás morrer, para que despois
as túas cinzas esparexer e a natureza facer crecer.
|