|
| |
XUÍZO Ó MECO
TRIBUNAL:
Agora Meco, ímoste a xulgar porque te viñeron acusar, duns
delitos que van a nomear.
Temos que deixalos falar e moi atentos escoitar, para poder comprobar, si as
acusacións poden probar, e despois nós... o asunto solucionar.
ACUSADORES:
- Culpámoste Meco por ter ós voluntarios a traballar e ti estar aí
sorrindo sen lles axudar
- Culpámoste por permitir, que agora que temos un gran pavillón, non
poidamos xogar, porque non temos ningún balón.
- Acusámoste Meco de que na Biblioteca non poidamos ler, por os albaneis
tanto ruído facer.
- Culpámoste por haber nas prais tanto chapapote e non poder meter
marisco ó pote.
- Acusámoste Meco de non nos deixar xogar ó balón por culpa da nova
construcción.
- Acusámoste de nos poñer tanto traballo para facer e así non ter
tempo para o lecer.
- Acusámoste por tanta propaganda na tele poñer e que tan poucos
programas poidamos ver.
- Culpámoste Meco de á nave Columbia rebentar e ti non querelo evitar.
Culpámoste polas praias de negro pintar e logo deixalas sen limpar.
- Culpámoste Meco por ter dous brazos como paus e querer matar a Miki Maus.
- Acusámoste de permitir tantas cadeas de televisión e que na súa
programación, só teñamos películas de acción e programas do corazón.
- Culpámoste Meco por tanto facernos traballar e pouco tempo deixarnos
para descansar.
- Culpámoste por ter ós mariñeiros sen faenar e ós seus fillos sen
poder brincar.
- Condenámoste por facernos tanto estudiar e así non ter tempo libre
para xogar.
- Culpámoste Meco de que na tele haxa programas de terror e que nos
nenos nos producen gran temor.
- Acusámoste Meco de que mentres ti estás a xogar, permites que outros
estén a pelexar.
- Culpámoste Meco de sacarnos a ilusión para desenvolver a nosa
imaxinación.
- Culpámoste por estirar as mans e querer superar a Supermán e a Tarzán.
- Culpámoste por no outono tanto facer chover, e o magosto no nonte non
poder facer.
- Acusámoste Meco por en Irak a paz derrumbar e a guerra querer comezar,
deixando á xente matar e ós nenos orfos e sen fogar.
- Meco, queremos condenarte a morrer, por non deixarnos nis estas
acusacións acabar de ler.
TRIBUNAL:
- Despois de todo o escoitado e telo ben conversado, temos a
decisión pensada.
- Agora será comunicada nesta praza abarrotada, para que logo sexa executada e
así a xusticia tomada.
- Este tribunal a sentencia ten dictada: " A morte eres condenado e axiña
serás queimado nesta fogueira colgado, para que todos quedemos salvados e a paz
aquí restaurada".
|