|
|
|
O colexio tamén conta
con esta aula destinada á rehabilitación de nenos con problemas dentro
da área da linguaxe, tanto en lingua castelá como en lingua galega,
abarcando os aspectos oral e escrito.
Dentro da
problemática que presentan os nenos que acoden a esta aula, atópanse os
trastornos articulatorios ( dislalias), problemas de comunicación oral e
atraso lectoescritor de diversa etioloxía.
O obxectivo
principal será, en primeiro lugar, a rehabilitación da linguaxe oral,
seguido da rehabilitación de tódolos aspectos relacionados coa lingua,
tendo en conta as características individuais de cada alumno (físicas,
psíquicas e sensoriais) e considerando o entorno familiar e social no
que se desenvolve o neno.
|
 |
| |
 |
As actividades máis
importantes da aula son:
-- Os exercicios
logopédicos de adestramento fonético: relaxación , sopro, articulación,
repetición e vocabulario.
-- As actividades
para a reestructuración da linguaxe: formación de frases e construcción
do pensamento lóxico a través da lectura e escritura de textos, xogos
didácticos, realización de fichas adecuadas ás necesidades do neno ou
nena, ...
-- A aplicación de
programas informáticos para a rehabilitación da linguaxe oral e da
aprendizaxe lecto-escritora.
-- O teatro. |
| |
|
De tódalas actividades
desenvolvidas, os programas informáticos e as representacións teatrais
son as que presentan unha mellor acollida por parte dos alumnos.
O teatro supón unha
ferramenta de gran importancia para potenciar as habilidades expresivas
e de comunicación, ademais da satisfación proporcionada pola obtención
de dous accesits no concurso "Entre nós, en Galego", organizado pola
Dirección Xeral de Normalización Lingüística da Consellería de Educación
da Xunta de Galicia. |
 |