Aula de Informática

       

 

A informática estase convertendo nunha ferramenta imprescindible no mundo actual.

Por iso tentamos que os nosos nenos e nenas tomen contacto coas novas tecnoloxías dun xeito lúdico e formativo reforzando os aprendizaxes das aulas.

Pretendemos que o remate da Primaria os nosos alumnos e alumnas manexen con soltura o ordenador.

  A nosa aula de informática conta con 11 ordenadores, impresora, escáner, cañón de vídeo con pantalla xigante, pizarra magnética táctil, cámara web e conexión a Internet en banda ancha.

Nesta aula tamén recollemos información para os proxectos de aula e os de centro por outra vía: Internet.

   

 

Para logralo: 

A aula de Informática está a disposición de todo o alumnado do Centro dende os 3 anos ata 6º de primaria. E para poder facer uso dela e que isto sexa un feito, o tempo da aula está distribuido nun horario onde figuran tódolos cursos así como un horario para inglés e para relixión.

A aula de informática conta así mesmo cun equipo de profesorado que está a traballar nel de xeito que é o que se encarga de levar ó dia e inventariar tódolos  xogos, Cds educativos, información e material que entra na aula así como de manter informado ó claustro.

 

   

 

Dende os tres anos temos xogos educativos adaptados os conceptos que se traballan en cada nivel educativo.

Nas primeras idades o que se pretende é que cheguen a un control do ordenador e a coñecer as súas partes e o seu funcionamento.

 A medida que vai medrando, o alumnado utilizará máis programas, ,máis complexos,  e meterase no funcionamento de Internet. Empezará a navegar como fonte de aprendizaxe.

 O alumnado vai o aula de informatica có profesorado que é quen lles ensina e soluciona as súas dúbidas.

 

   

    Durante este novo curso á aula de informática incorporáronse unha pizarra magnética, unha pizarra fixa, dous cañóns de vídeo e un escáner.

Ademais de novos programas educativos.

       
   
 

 
       
       

Arriba