Aula de Pedagoxía Terapéutica

       

 

Contamos con esta aula para o apoio a alumnos con dificultades e sobre todo o alumnado que presente necesidades educativas especiais.

Nela axúdase a mellorar o retraso madurativo e escolar, a tratar a hiperactividade e o déficit de atención en casos moi concretos, a mellorar o proceso lecto-escritor e traballar especialmente os conceptos matemáticos e de cálculo.

  O alumnado que precisa este apoio asiste á aula cun horario de 2 ou 3 sesións semanais, segundo as súas necesidades, e distribuidos en grupos o máis homoxéneos posible.

As actividades desenroladas na aula céntranse principalmente nas áreas de Lingua e Matemáticas.

   

Conta con material de apoio a lecto-escritura, á lóxica-matemática, á psicomotricidade, á orientación espacio-temporal, ...

 

       
       
   
 

 
       
       

Arriba