Comedor Escolar

     
  O noso colexio conta cun Comedor Escolar en servicio de cattering xestionado pola ANPA.

O horario é de 14.00 a 16.00 h., hora en que comezan as Actividades Extraescolares.

Deste xeito, os alumnos que asisten a estas actividades poden permanecer no centro de forma ininterrumpida dende as 9.00 h. da mañá ata as 18.00 h.

Existen axudas da Concellería de Benestar Social do Concello de Vigo para o comedor.

   

Aumentou considerablemente o número de comensais. E non tende a minguar se non máis ben a aumentar polo que imos tentar buscar novos recursos para o comedor dado que o espacio co que contamos na actualidade é reducido.

É un servicio moi importante para as familias que traballan.

O comedor ten un marcado carácter educativo, fomentando hábitos hixiénicos, nutricionais e sociais.

Os menús son elaborados e servidos polo servicio de cattering mensualmente co fin de que os pais/nais os teñan en conta á hora de programar o resto das comidas do día.

Ademais conta con coidadoras no centro.

       
       
   
 

 
       
       
       

Arriba