Orientación

       

  A orientación educativa que se leva a cabo no noso Centro, asume funcións de asesoramento e axuda dirixida ós diferentes sectores da comunidade escolar.

 

Os obxectivos xerais do noso departamento son:

 

     Apoiar os procesos de ensino-aprendizaxe nos ámbitos de atención, avaliación e intervención sobre o alumnado con NEE, e establecimiento de programas de tipo preventivo e innovador.

     Asesorar ó profesorado titor sobre as medidas de acción titorial, propiciando a elaboración e implementación dun plan de acción titorial para este centro.

     Prestar asesoramento no relativo ós criterios de atención á diversidade e outros aspectos relacionados coa orientación educativa, para o que contamos no noso centro, cunha "Escola de Pais", onde tentamos desenrolar temas de sumo interese para a formación de pais e nais actuais, o obxectivo é fomentar a comprensión entre fillos e pais-nais, e unha máis eficaz colaboración de estes coa escola.

   Tamén mantén en funcionamento   no centro varios Programas:

--   Programa de Prevención da Violencia

--   Programa de Acollida

--   Plan de Acción Titorial para Infantil e Primaria

--   Plan de acollida a nenos extranxeiros

     
   

Charlas - coloquio da Escola de Pais

 

  • "ANOREXIA E BULIMIA" : martes 24 de outubro de 2006 ás 17.00h. (Impartida por: Dona Marta Díaz Piñeiro, Doctora Nutricionista)

 

  • "ACOSO ENTRE COMPAÑEIROS" : martes 28 de novembro de 2006 ás 17.00h. (Impartida por: Dona María Carmen Lorenzo Vila, Psicóloga e colaboradora na Escola de Formación Social de Vigo)
 
     
   
 

 
       

Arriba