Voltar
|
||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||
|
A nosa sociedade afronta un novo reto coa presencia de colectivos doutras comunidades con identidades culturais diferentes á nosa, por iso debemos promover todo tipo de iniciativas que redunden na integración, co fin de camiñar cara un común enriquecemento cultural e social. Neste planeta globalizado so poderemos convivir, ter futuro, se empregamos a chave da tolerancia, do encontro entre culturas, do respecto e a solidariedade. E ese é un traballo que corresponde a todos: ós pais e nais, á escola, os concellos, ós medios de comunicación ..., para continuar educando a todos na tolerancia, na convivencia. Durante dúas semanas desenvolvemos no colexio, en colaboración co Concello de Toén e cos pais e nais dos nosos alumn@s, un proxecto educativo que apostou pola convivencia, a interculturalidade e a integración. O principal obxectivo destas xornadas foi conseguir que os nen@s de Toén sexan quen de vivir, a través da tolerancia, un futuro máis solidario. Axudounos nesta labor un contacontos moi especial, unha especie de xacio, trasno, barqueiro do río Miño, de Chantada, que se chama Anxo Moure e que forma parte dun proxecto chamado Contos Solidarios da ONG Bicis Pola Paz. |
||||||||||||||||
| Actividades | ||||||||||||||||
|
· Exposicións: Ó longo das dúas semanas que durou o proxecto tivemos varias exposicións: de artesanía, productos do comercio xusto... aportadas polos fondos de Bicis pola Paz , completadas polos traballos realizados polos propios nen@s con debuxos, artesanía, lemas, poemas... · Cinema: Proxectouse o capítulo “Primavera” dunha película coreana que fala sobre a educación e o respecto, protagonizada por un neno e adaptada a tódalas idades. Posteriormente fixemos un debate . · Biblioteca Solidaria: Fixemos unha selección de libros doutras culturas, e libros que apostaran pola solidariedade e a convivencia, con fondos propios do centro e a aportación de Bicis pola Paz. Dentro da biblioteca “apareceu” unha boneca, dun conto lonxano que non ten nome e vive dentro dunha caixa de cartón porque ten medo que os nen@s non a acepten e quere que lle regalen nomes, lemas e contos solidarios. A Biblioteca estivo ambientada con música doutras culturas. · Moda: Fixemos un pase de moda intercultural, con pezas de artesanía e roupa dos indios maias, de Nicaragua, do Nepal, o Sahara... · Taller de reciclaxe: Buscamos nos xornais novas intolerantes e, tras convertelas en pasta de papel, obtivemos unhas follas de papel reciclado que empregamos para escribir lemas contra a intolerancia e a favor da interculturalidade. · Sesións de contacontos: Cada día Anxo deleitounos cunha sesión de contacontos . Así coñecemos o Lobo Garabelos, a Estrela Salgadiña, o paxaro Vicentiño... · Contos para a tolerancia: Desenvolvemos un taller no que os nen@s foron creando contos sobre a tolerancia, a diferencia, o respecto e a convivencia para regalarllos á boneca sen nome. O último día houbo unha actuación de nenos contacontos e a boneca saiu da caixa, que xa os nen@s transformaran nunha casiña, para contarlles un conto a eles. Estes contos foron recollidos nun libriño e editados para seren distribuídos entre os alumn@s e enviados a outras escolas e institucións. .Para ler os contos, picade nos títulos.
· Gastronomía: O último día, no comedor escolar degustamos un menú diferente, con productos do Comercio Xusto, apostando pola dignidade e a xustiza de miles e miles de labregos e labregas de todo o planeta. . Música: Escoitamos músicas doutras culturas, chamáronnos moito a atención os meniños da rúa do Brasil. Preparamos a canción "Un desexo de Paz" e interpretámola no festival. Ver partitura
|
||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||