Chega Mistich a Ourense
Mistich chegou a Ourense, neste enlace podemos ver algunhas das noticias que recolleron a benvida
http://www.ourensedixital.com/_novas/12/06/06_05.htm
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/
http://www.laregion.es/noticia/211947/mistich/ciguena/recorre-hospitales/
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-solaina-13-06-2012
42:15—-49:15
Coñecemos África
Co motivo da celebración do día de África e porque hoxe compartimos aula cun alumno africano fixemos os traballos que vos mostramos.
Gañadores do concurso: “Calendario 2013″
O xurado composto pola Xerente do CHUO, Dra. Eloína Nuñez, Director de centro, Dr. Alfonso Iglesias, Xefe de Departamento de pediatría, Dr. José Luís García, Xefe de gabinete de comunicación, D. Carlos Bermello, Supervisora de pediatría, Dna. Dolores Rivera, Dra. da escola de pediatría Dna Nieves Estévez seleccionou no día de onte os tres traballos gañadores do concurso para o calendario 2013 de Fan3.
Os traballos gañadores son os dos nosos alumnos: Isabel de 14 anos, Belén de 12 e Santiago de 11. Noraboa aos tres.
exposición de traballos:concurso calendario 2013
Dende o día 2 de Maio expoñemos os traballos do noso alumnado para participar no concurso convocado por Fan3.
Celebramos o día do libro
Para celebrar o día do libro realizamos tres actividades coa pretensión de conseguir que os nosos alumnos lean máis:
1.- Contacontos a cargo de Esther Movilla a traves dunha actividade da concellaría de Educación do concello de Ourense .
2.- Presentación dun conto infantil elaborado no noso hospital polo equipo da escola e de cirurxía pediátrica e con ilustracións da pintora ourensana Maite Vázquez. 
3.- Agasallamos ao noso alumnado cun libro de contos, un marcapáxinas e unha priruleta, obsequio da Fundación Antena 3. 
Taller de música
Hoxe, mércores, o profesor de Queixumes dos pinos realizou na escola o taller de música tradicional como facemos habitualmente dúas veces ao mes.
Coñecemos neste taller a música tradional doutros países do mundo, a nosa propia, tocamos, elaboramos instrumentos diversos e cantamos cantigas populares. O noso alumnado está entusiasmado con esta actividade.
Preparamos a chegada de Mistich
Mistich, estivo nas olímpiadas en Eslovenia, disfrutando das mesmas cos alumnos da escola hospitalaria de Bruselas. Neste momento está en Francia coñecendo ao alumnado da escola do hospital, a cultura e a lingua dese país….seguro que disfruta moito da súa estancia.
En Ourense, estamos desexando que chegue, estamos preparando o seu niño, a súa vestimenta,… para recibila con tódolos honores.
Reunión do proxecto Comenius en Poznán
A semana do 14 ao 18 de Marzo celebramos a segunda reunión do noso proxecto en Poznan (Polonia).
Proxecto COMENIUS 2011-13: Mistich ( migrate or stay is the choice)
No presente curso iniciamos un proxecto europeo con outras escolas de hospital coa pretensión de mellorar a atención educativa dos nenos hospitalizados. No pdf presentamos o devandito proxecto.
Neste enlace vemos a web do proxecto
Reunión proxecto Arce en Guadalajara
Os profesores participantes neste proxecto (aulas hospitalarias de Ourense, Cantabria, Castilla-A Mancha: Guadalajara e Albacete, Elda (por videoconferencia)) celebramos en Guadalajara unha fructífera reunión para acordar os aspectos a traballar neste curso. Seguimos aprendendo.






