Escolares
ARTES ESCÉNICAS 5º E 6º PRIMARIA
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria acudiron á Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense omde disfrutaron do espectáculo de Arte Contemporánea "En Escena". Posteriormente participaron nun obradoiro sobre as artes escénicas
FESTA DO "DIVINO MAESTRO" 2013
Este ano tivemos unha festaza, pasamos uns días preparándonos coas cataquesis e deseñando a decoración do patio e dos pasillos quedou todo precioso. Mirade máis información e todas as imaxes.
FESTA DO "DIVINO MAESTRO" 2013
Para celebrar a festa do Divino Maestro fixemos unha serie de xogos e actividades durante os días 12 e 13 de Novembro. Primeiro para que os cativ@s se acerquen un pouco máis a figura de Xesús fixemos unha pequeña celebración na capela cos alumn@s de 4º e 5º de Educación Infantil. Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Infantil acudiron con todo o colexio a Eucaristía.
O acabar a Eucaristía e a celebración na capela fixemos unha gran chocolatada con todos os cativ@s de Educación Infantil, onde os todos disfrutamos moito.
Despois fixemos diferentes grupos cos nen@s dos tres cursos e puidemos saltar nas colchonetas e participar en diferentes xogos, maquillaxe e unha manualidade.
Xa o mércores fixemos unha “pintada” nas paredes do noso pasillo con tizas. Cada cativ@ dibuxou e colereou o seu propio “Divino Maestro”. Unha actividade que lles fixo moita ilusión.
Os Alumnos de 3º e 4º de ESO colaboraron cos profesores para atender os 16 xogos dos que disfrutaron todos os alumnos, como non podía ser menos temos un feixe de fotos, non as perdades.
PARA VER TODAS AS FOTOS -> Ir a Galería
HALLOWEEN 2013
Os alumnos de Educación Infantil fixemos moitas cousas este Halloween, para sabelo todo só tedes que ver o video -> Video
En Primaria dende a materia de Inglés fixemos unhas cabazas... que daban medo, podes ver todas as fotos -> Ir a Galería
FESTA DO "DIVINO MAESTRO"
MONICA CORDERA VISITA 3º ESO
2 de Outubro do 2013
Desde a materia de taller de iniciativas emprendedoras suscitáronnos a posibilidade de coñecer a Mónica Cordeira co fin de aprender un pouco máis sobre alguén emprendedor e autónomo que nos axudaría bastante coa materia e a nós mesmos.
Mónica Cordeira: Unha moza de 26 anos que encaixa moi ben na definición desta materia. Ten un taller (de costura) e tivo a súa iniciativa (persoal de crear a súa propia marca.) É emprendedora porque cada tempada emprende unha oportunidade para que os seus vestidos fáganse un oco no mercado.
9 de Outubro do 2013
A esperadísima Mónica Cordeira acudiu a este o noso colexio.
Prepararamos unhas preguntas anteriormente para poder suscitarllas e aprender máis sobre unha persoa que loitou polo seu soño e acabouno conseguindo.
Ola, Mónica, co seu permiso espero que non lle importe que a tuté. Enviábache esta carta en nome da clase de 3º da E.S.O. para agradecerche enormemente a túa visita. Por facernos un oco nesa axenda tan apertada. Foi todo un honor para nós terte entre as nosas paredes unha vez máis (xa que se di que é habitual a túa visista aquí jajaja). Quería que soubeses que nos agradou moitísimo coñecerte , e que nos motivou para perseguir de verdade os nosos soños. Pero a temática principal era o ser empresario e autónomo. Co cal , coa tua presenza aquí, aprendemos moito máis sobre iso. Non me quero entreter moito falando porque sei que o tempo é fundamental no teu traballo. Por iso quero agradecerche de xeito directo , en nome de todos os meus compañeiros, o habernos visitado e poñer fín a moitas dúbidas que nos suscitabamos. Un abrazo moi grande en nome de 3º da E.S.O. do CPR Plurilingüe Divino Maestro.
ATT: Raúl Suárez Santalices.
ALUMNOS DE 6ºEP VISITAN CASA DA XUVENTUDE
Os alumnos de sexto de Primaria visitamos a Exposición do Artista Ourensán Romar.
A obra exposta na casa da xuventude leva por título "Sentimentos"
PROXECTO SI!
Os alumnos de 3ºESO, presentan unha obra de teatro para fomentar a actividade física e os bos hábitos alimenticios nos máis pequenos.
Pasámolo de maravilla!!

