Articles
CHARLA ROSA CARBALLO. 3º ESO
UNHA OCASIÓN PARA DESCUBRIR QUE COA CONSTANCIA , O ESFORZO , A CONFÍANZA NUN MESMO E A PAIXÓN LÓGRANSE SOÑOS.
AULA DA NATUREZA. 1º ESO. ASTRONOMÍA: COÑECE O CEO
O mércores 8 de Abril, alumnos de 1º ESO do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense, visitamos a aula da Natureza en Oira, para participar na actividade: "Astronomía: Coñece o Ceo".
Aprendemos cousas sobre as constelacións, as estrelas e por suposto sobre o noso Sol, que puidemos observar empregando un telescopio solar.
VIA CRUCIS - SEMANA SANTA
PRIMEIROS AUXILIOS 6º PRIMARIA
Os alumnos de 6º de Primaria recibiron un curso de primerios auxilios estupendo onde aprenderon moitísimas cousas: como inmovilizar un membro, como para unha emorraxia nunha extremidade, tranquilizar a unha persoa ferida, realizar unha RCP... e ademáis pasárono estupendamente.
CIENCIA E NATUREZA. 5º e 6º PRIMARIA
O martes 10 de marzo os alumnos de 5º de Primaria, visitamos a Aula da Natureza de Oira para saber máis sobre Ciencia e Natureza.
Cando pensamos na ciencia tendemos a identificala con experimentos espectaculares ou con complexas teorías só ao alcance dunhas poucas mentes privilexiadas. Pero, en realidade a ciencia é simple: trata de observar, facer preguntas e buscar respostas... algo que os nenos e nenas facemos constantemente de xeito natural... Mirade o ben que o pasamos [+Imaxes]
HOMENAXE A ROSALIA DE CASTRO NO CONCELLO
O Concello de Ourense celebrou este martes o 178º aniversario do nacemento da escritora santiaguesa Rosalía de Castro, unha das pioneiras do Rexurdimiento das letras galegas. No acto institucional, celebrado no Salón de Plenos da Casa do concello, estiveron presente os alumnos de 5º de Primaria do CPR PLURLINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense. Foron eles os encargados de ler fragmentos do célebre 'Cantares Galegos'. A súa audiencia, o alcalde e a concelleira de Cultura, que reivindicaron a importancia e profundidade da obra rosaliana.

OLAS DECORADAS PARA A FESTA DA PITA DE EIROÁS
Os alumnos de 3º e 4º de ESO, decoraron 25 Olas (vasixas de barro) con témpera, de modo que serán empregadas para a Festa da Pita de Eiroás durante o Domingo Oleiro (8 de febreiro). Pasárono moi ben e a verdade e que quedaron impresionantes...
50 ANIVERSARIO DE BLANCO NÁJERA
50 ANIVERSARIO DE BLANCO NÁJERA