1º curso (3)

VISITA A HORTA EDUCATIVA. 1º PRIMARIA

Os alumnos de 1º de Primaria tivemos a sorte de asistir, o 4 de maio de 2017, á Actividade do Concello "VISITA Á HORTA EDUCATIVA". Esta actividade vai dirixida a escolares de Educación Primaria coa colaboración de persoas maiores na Horta Educativa Interxeneracional situada no Parque da Vida, no barrio de Mariñamansa. Alí aprenderán da súa experiencia, coñecerán as tarefas que realizan e cultivarán os seus productos practicando nas súas propias hortas onde o que cultiven será para o seu aproveitamento.

A verdade e que aprendemos dos maiores, e vimos que como nos podemos alimentarnos cada día, descubrindo as posibilidades dunha forma de ocupar o tempo útil, sinxela, natural e sostible e ademáis en contacto directo coa natureza. ESTIVO XENIAL!!!

VISITA A BIBLIOTECA DA PONTE. 1º PRIMARIA

O venres, 17 de Febreiro de 2017, os alumnos de 1º de Primaria acompañdos pola titora, Jessica Vázquez, e a pedagoga terapéutica, Sabela Lamas, visitaron e desfrutaron da Biblioteca Pública do barrio da Ponte, foi toda unha experiencia onde os alumnos estiveron moi atentos as explicacións e manosearon libros de lectura e comics para converterse en novos lectores... Bravo por eles!!!

[+Fotos

 


A NOSA CIDADE 1º EP

Os nenos de 1º de Primaria construímos a nosa propia cidade, Cos edificios máis significativos que podemos atopar nela, para completar e ampliar o tema de Ciencias Sociais "A Cidade".

Os traballos quedaron fantásticos e fixemos unha pequena exposición para que os nosos compañeiros puideran visitar A NOSA CIDADE, onde lles explicamos como o levamos a cabo e o que aprendemos das funcións de cada edificio.

Distribuir contido