Normalización (2)
PREMIOS LETRAS GALEGAS CONCELLO DE OURENSE
III Certame de Contos e Relatos Curtos organizado pola Concellería de Educación do Concello de Ourense
Gañadora: Ainhoa Gerreiro Mato 5º EP CPR DIVINO MAESTRO
Accésit no mesmo certame con Mención Especial: Hugo Domínguez Malvido 6º EP CPR DIVINO MAESTRO
Aquí vos deixo algunhas fotos do momento da entrega de premios.
Normalización
OBXECTIVOS XERAIS: - Proseguir co traballo a prol da nosa lingua, tentando que a Comunidade Educativa a valore, a respecte e a use nos diferentes ámbitos da vida cotiá.- Profundizar no coñecemento do noso patrimonio socio-cultural como vía de potenciación da lingua. PARA O PROFESORADO: - Introducir nas diferentes áreas e actividades levadas a cabo ó longo do curso, elementos propios e significativos do noso universo cultural.- Fomentar o gusto pola lectura facendo especial fincapé nas etapas de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria.- Potenciar o emprego do material didáctico e libros de lectura dispoñibles no Centro.- Incrementar o número de proxectos, iniciativas e actividades encamiñadas a favorecer o uso oral e escrito da nosa lingua.- Tentar de erradicar os posibles prexuízos e actitudes negativas cara á lingua galega. PARA OS ALUMNOS: - Aumentar o emprego da lingua galega, tanto a nivel oral coma escrito, dende os primeiros anos de escolarización.- Adquirir o hábito lector na nosa lingua como medio de enriquecemento persoal. - Conseguir que os alumnos , que empregan o galego habitualmente no seo familiar, manteñan o uso da lingua no ámbito académico.- Continuar a potenciar a participación do noso alumnado nos distintos actos relacionados con actividades culturais en galego. PARA OS PAIS: - Concienciar os pais da necesidade de apoiar dende os seus fogares o noso labor a favor da normalización da lingua.- Buscar canles de achegamento ás familias que nos permitan involucralas nas experiencias realizadas polo ENL.- Espertar nas familias o interese e o gusto por transmitir os nosos valores culturais. LIÑAS DE ACCIÓN 1. Realización de actividades lúdico-didácticas, que profundicen en aspectos culturais coma “As olimpíadas do saber ”. 2. Celebración das datas relevantes do noso Centro coa planificación de diversos concursos, que fomenten a participación do alumnado e sexan complemento idóneo da súa formación: - Polo Nadal: Festival de panxoliñas. - Recompilación polo Entroido de receitas tradicionais.- Nas Letras Galegas : Concurso de marcapáxinas; Decoración das aulas con pósters realizados polos alumnos alusivos ó persoeiro homenaxeado- Elaboración de coplas na festividade dos Maios... 3. Reorganización da festividade do Entroido na que se tentará desenvolver a creatividade e imaxinación dos nosos alumnos así coma fometar a colaboración dos pais. 4. Recuperación dos nosos xogos tradicionais: a buxaina, a billarda, o aro, a mariola.... na semana das Letras Galegas. 5. Promoción de saídas culturais que intensifiquen o coñecemento de Galicia.6. Potenciación do xénero dramático animando ós alumnos a participar nas representación efectuadas ó longo do curso. 7. Publicación da revista anual do Centro. 8. Creación de proxectos específicos que impliquen os pais convértendoos nos principais transmisores dos nosos valores culturais e históricos: - Sabedoría popular : recompilación de cantigas, adiviñas, refráns, contos … segundo as épocas do ano. - Contacontos -Charlas sobre oficios tradicionais, guerra civil, xogos populares... 9. Reorganización dos Talleres de escritura e lectura creativa onde se elaborarán ou recompilarán: contos , breves pezas de teatro…que poderán ser lidas ou interpretadas polos nenos do colexio. 10. Utilización dos recursos didácticos e materiais audiovisuais na nosa lingua: DVD, vídeos, casetes... nas distintas áreas. 11. Creación dos “Talleres de lectura en Infantil, e EP” básicos para que os alumnos acaden un nivel lector adecuado e logren expresarse correctamente en galego. 12. Información nas reunións de pais dos proxectos e iniciativas que pretende realizar o ENL ó longo do curso. 13. Animar os alumnos galegofalantes a manter o emprego da nosa lingua no ámbito académico.
