Normalización

OBXECTIVOS XERAIS: -          Proseguir  co  traballo  a prol da nosa lingua, tentando que a Comunidade Educativa  a valore, a respecte e a use nos diferentes  ámbitos da vida cotiá.-          Profundizar no coñecemento do noso patrimonio socio-cultural como vía de potenciación da lingua. PARA O PROFESORADO: -          Introducir nas diferentes áreas e actividades levadas a cabo ó longo do curso, elementos propios e significativos do noso universo cultural.-          Fomentar o gusto pola lectura facendo especial fincapé nas etapas de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria.-          Potenciar o emprego do material didáctico e libros de lectura dispoñibles no Centro.-          Incrementar o número de proxectos, iniciativas e actividades encamiñadas a favorecer o uso oral e escrito da nosa lingua.-          Tentar de erradicar os posibles prexuízos e actitudes negativas cara á lingua galega. PARA OS ALUMNOS: -          Aumentar o emprego da lingua galega, tanto a nivel oral coma escrito, dende os primeiros anos de escolarización.-          Adquirir o hábito lector na nosa lingua como medio de enriquecemento persoal. -          Conseguir que os alumnos , que empregan o galego habitualmente no seo familiar, manteñan o uso da lingua no ámbito académico.-          Continuar a potenciar a participación do noso alumnado nos distintos actos relacionados con actividades culturais en galego.   PARA OS PAIS: -          Concienciar os pais da necesidade de  apoiar  dende os seus fogares o noso labor a favor da normalización da lingua.-          Buscar canles de achegamento ás familias que nos permitan involucralas nas experiencias realizadas polo ENL.-          Espertar nas familias o interese e o gusto por transmitir os nosos valores culturais. LIÑAS DE ACCIÓN 1. Realización de actividades lúdico-didácticas, que profundicen en aspectos culturais coma “As olimpíadas do saber ”. 2. Celebración das datas relevantes do noso Centro coa planificación de  diversos concursos, que fomenten a participación do alumnado e sexan complemento idóneo da súa formación:  -         Polo Nadal:   Festival de panxoliñas. -         Recompilación polo Entroido de receitas tradicionais.-         Nas Letras Galegas : Concurso de marcapáxinas;                                             Decoración das aulas con pósters                                                                realizados polos alumnos alusivos ó                                                                  persoeiro homenaxeado-         Elaboración de coplas na festividade dos Maios... 3. Reorganización da festividade do Entroido na que se tentará desenvolver a creatividade e imaxinación  dos nosos alumnos así coma fometar a  colaboración dos pais. 4. Recuperación dos nosos xogos tradicionais: a buxaina, a billarda, o aro, a mariola.... na semana das Letras Galegas. 5. Promoción de saídas culturais que intensifiquen o coñecemento de Galicia.6. Potenciación do xénero dramático animando ós alumnos a participar nas representación efectuadas ó longo do curso.  7. Publicación da revista anual do Centro. 8. Creación de proxectos específicos  que impliquen os pais  convértendoos nos principais transmisores dos nosos valores culturais e históricos:  - Sabedoría popular : recompilación de cantigas, adiviñas, refráns,   contos … segundo as épocas do ano.            - Contacontos -Charlas sobre oficios tradicionais, guerra civil, xogos populares... 9. Reorganización dos Talleres de escritura e lectura creativa onde se elaborarán ou recompilarán:  contos , breves pezas de teatro…que poderán ser lidas ou interpretadas polos nenos do colexio. 10. Utilización dos recursos didácticos e materiais audiovisuais na nosa lingua: DVD, vídeos, casetes... nas distintas áreas. 11. Creación dos “Talleres de lectura en Infantil, e EP” básicos para que os alumnos acaden un nivel lector adecuado e logren expresarse correctamente en galego. 12. Información nas reunións de pais dos proxectos e iniciativas que pretende realizar o ENL ó longo do curso. 13. Animar os alumnos galegofalantes a manter o emprego da nosa lingua no ámbito académico.