Estilo Educativo

Estilo educativo

       A nosa Escola intenta lograr as súas finalidades co estilo, o espírito e o método de Don Bosco e de María Mazarello, caracterizado por:

Criterio preventivo polo que lles facemos ós alumnos propostas de experiencias positivas de ben, que lles permitan supera-los riscos e situacións de perigo e lles axuden a capta-lo sentido da xuventude a vivir en plenitude as súas aspiracións.

O ambiente educativo caracterizase plo protagonismo dos destinatarios, o espirito de familia, a racionalidade, a flrxibilidade, o traballo diaria, o esforzo concreto, o achegamento a creatividade, e o clima de ledicia e de festa.

A relación educativa personal, que recoñece a individualidade e a historia persoal de cada alumno e tradúcese na familiaridade entre educarores e educandos, a capacidade de acollida e de diálogo e a confianza e simpatía cara ó mundo da xuventude.

A "presencia-asistencia" animadora dos educadores entre a mocidade.

A oferta respectuosa dunha experiencia de Fe, que se caracteriza poloencontro con Deus a vida ordinaria, a celebración desta experiencia, a devoción a María Auxiliadora, o sentido de Igrexa e a proxección solidaria e misioneira.

Compromiso cristián no cumprimento do deber na solidariedade e na vida cidadá.

         En continuidade coas institucións educativas de Don Bosco, aplicámo-lo Sistema Preventivo que se basea plenamente na razón, a relixión e o amor como clave para axudar ós nosos destinatarios na súa tarefa de ser "honestos cidadáns e bos cristiáns"

Distribuir contido