Historia
|
O 16 de xaneiro dese ano nevou, e os nenos e nenas do colexio poideron disfrutar dun bo día de neve, facendo monecos e bólas. A pesar de ser un centro de nova creación contaba con multitude de carencias e deficiencias: estaba escasamente dotado de material, non existía un patio cuberto para protexerse da chuvia, non contaba con ximnasio, o patio de recreo era pequeno e a pista polideportiva anegábase de auga, existía unha lameira diante do centro ó non estar asfaltada a entrada, etc. O centro de ensino foi inaugurado en xaneiro do ano 87 (curso 1986/87) como colexio de EXB, desdobre do colexio San Roque por mor da gran cantidade de alumnado que este acollía, impartindo estudios de 1º a 8º de EXB a preto de 240 alumnos/as.
|
|
|
|
|
|
Neve no Carrasco, 1987 |
Excursión a Cotorredondo, 1987 |
|
|
|
|
Entroido no ano 87 ou 88 |
Visita a Catoira, 1992 |
|
As aulas eran espaciosas e luminosas pero moitos elementos do colexio non estaban adaptados ós nenos máis pequenos: colgadores, baños,... O lugar destinado á biblioteca era moi pequeno polo que houbo que lle buscar outro espacio. A unión e o esforzo de toda a acomunidade educativa permitiron que moitas destas deficiencias quedaran rapidamente subsanadas, permanecendo outras que foron arranxadas co paso do tempo. Paulatinamente, foi decrecendo o número de estudiantes froito do baixo índice de natalidade. No ano 95 entra en vigor a LOXSE e o centro transfórmase en INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO, acollendo ó alumnado de Educación Primaria e do 1º ciclo da ESO. Finalmente, a partir do curso 98/99 o IES imparte só estudios de Educación Secundaria Obrigatoria, 1º e 2º ciclo. |
|



