Obxectivos Educativos
No Proxecto de Centro, aprobado no curso 08-09, están recollidos os seguintes obxectivos:
a) Traballar a prol dunha educación que persigue o desenvolvemento ao máximo das capacidades do alumnado, nun marco de calidade e equidade.
b) Manter un ambiente de traballo axeitado, para o profesorado, para o alumnado e para o resto da comunidade educativa; favorecendo unhas relacións de convivencia, baseadas no respecto, na responsabilidade, na participación e no consenso (no apartado 9 deste documento recóllense tódolos aspectos relativos ás relacións de convivencia no centro):
- As relacións entre os diferentes membros da comunidade educativa basearanse no respecto mutuo
- Tódolos membros da comunidade educativa teñen dereito á participación na vida do centro, en función, do que se recolle na lexislación vixente
- A resolución pacífica dos conflictos e o fomento dunha cultura da paz será o eixo vertebrador do Plan de Convivencia.
c) Potenciar un ensino que fomente unha educación baseada nos valores de responsabilidade, respecto aos demais, tolerancia, igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, non discriminación, non violencia e resolución pacífica dos conflictos, ....
d) Fomentar medidas conducentes a lles proporcionar tanto aos homes como as mulleres unha educación para a igualdade, sen discriminación en función de crenzas, prexuízos ou tradicións.
e) Traballar a prol da consecución das finalidades da educación secundaria obrigatoria:
- Que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura
- Que o alumnado desenvolva e consolide hábitos de estudio e traballo
- Preparar ao alumnado para a súa incorporación a estudios posteriores e para a súa inserción laboral
- Formar ao alumnado no exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás.
f) Facilitar a acción titorial, tanto da persoa titora de cada grupo, como de profesorado en xeral:
- A xefatura de estudios facilitará tempos e espacios para a acción titorial: coordinación co departamento de orientación, coordinación do equipo docente,...
- A xefatura de estudios coordinará a actualización do Plan de Acción Titorial no que se recollerán todos os aspectos relacionados coa acción titorial.
g) A competencia lingüística constitúe un dos obxectivos básicos de traballo do centro:
- A través do Proxecto Lector (apartado 6 deste documento) estableceranse as directrices para o traballo sobre esta competencia básica
- A biblioteca constitúe un recurso fundamental do centro para o traballo do alumnado, profesorado e familias
- A adquisición de competencia lingüística nas dúas linguas cooficiais na comunidade autónoma.
- Impulsar o funcionamento do equipo de normalización e dinamización lingüística, como instrumento para fomentar o uso do galego na comunidade educativa, a partir do respecto á lexislación vixente.
- O fomento da adquisición de competencia lingüística nunha lingua estranxeira (inglés) a través da impartición de materias non lingüísticas nesta lingua.
- Potenciación da adquisición de competencia lingüística nunha segunda lingua estranxeira ao longo de toda a etapa
h) Garantir a atención á diversidade de necesidades do alumnado no marco dun educación comprensiva e diversificada.
i) Impulsar a constitución de equipos de traballo para a formación do profesorado, para levar a cabo programas ou plans concretos que desenvolvan a LOE e aqueles outros que se propoñan para mellorar o centro.
j) Que o alumnado adquira unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e da comunicación, no marco da adquisición das destrezas básicas na utilización das fontes da información para adquirir novos coñecementos:
- Impulsar o incremento do uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, a través do Plan de TICs.
- Dispoñer dos recursos necesarios (materiais, formación do profesorado,...) para a adquisición desta competencias básica.
k) Fortalecer a apertura do centro ao seu contorno:
- Especialmente, afianzar a coordinación co centro adscrito, CEIP “San Roque”.
- Fomentar as relacións con outros centros educativos do contorno, así como coas institucións, organismos e asociacións.
m) Consolidar unha cultura de autoavaliación, analizando anualmente o puntos fortes e débiles, propoñendo accións de mellora; o Claustro e o Consello Escolar serán os órganos encargados de analizar e propoñer as actuacións necesarias, aprobando os plans que se consideren oportunos para desenvolver estas accións.