Proxectos Curso 09-10
PROXECTOS NOS QUE PARTICIPA O CENTRO NO CURSO 2009-10
O IES “Monte Carrasco” ven participando dende hai varios cursos, en diversos proxectos educativos, buscando sempre a mellora da calidade do ensino no noso centro, para acadar uns resultados académicos cada curso mellores.
Este curso 2009-10, en concreto, participamos nos seguintes proxectos:
v Plan de Autoavaliación e Mellora en Centros Educativos, baixo o título: “A educación en valores e o fomento da convivencia, a paz e a xustiza, como un obxectivo prioritario do proxecto educativo do centro, a través da acción titorial”
§ Participan 15 profesores e profesoras do centro. O centro ven participando en Plan de Autoavaliación e Mellora por 4º curso consecutivo.
§ Ao profesorado participantes se lle recoñecen 50 horas de formación en proxectos de innovación educativa.
§ Ao centro se lle asigna unha cantidade de 3.200€ para facer fronte aos gastos derivados do desenvolvemento do Plan.
§ A coordinación deste programa está a cargo da profesora Begoña Otero.
v Plan de Seccións Bilingües: supón que as materias de educación plástica e visual e música se impartan en inglés. Participan o profesor de música, o profesor de tecnoloxía (que imparte a educación plástica en inglés) e o profesorado do departamento de inglés.
A participación neste Plan iniciouse no curso 2003-04. Este curso, contamos con 5 Seccións B ilingües e están implicados todos os niveis da ESO.
A coordinación deste programa está a cargo da profesora Belén Vázquez.
v Plan de Mellora de Biblioteca Escolares: a finais do curso pasado solicitamos participar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, que convoca anualmente a Consellería de Educación. Presentamos un proxecto titulado: “Escoita, mira, le”, que buscar potenciar o fondo documental audiovisual da biblioteca.
§ Concedéusenos o que supón unha aportación económica de 6.300 € para desenvolver o proxecto presentado en torno á mellora da biblioteca, tanto en mobiliario e equipamentos, como fondo documental e proxectos de dinamización da mesma.
§ O coordinador da Biblioteca e do Plan de Mellora de Biblioteca é o profesor Miguel Cameselle