Instalacions
| O IES Monte Carrasco conta con 8 aulas para cada un dos grupos de alumnos e alumnas. Son espaciosas, perfectamente adaptadas ás características deste alumnado, moi luminosas e ben equipadas.
|
|
|
|
|
|
As aulas específicas son a de música, informática, educación plástica e visual, tecnoloxía e necesidades educativas especiais. Son aulas que reúnen as condicións necesarias para impartir a materia específica e están dotadas do material e instrumentos que precisan. |
|
|
Existen tamén espacios de uso común, como son o ximnasio, o laboratorio de ciencias naturais, tres aulas de desdobramentos a biblioteca e o salón de actos. |
|
|
Outras dependencias do centro están dedicadas a uso específico do profesorado (departamento de ciencias, departamento de linguas, departamento de música e tecnoloxía, sala de reunións do profesorado), despacho de dirección, secretaría, despacho de orientación e conserxería. |
|
|
|
|
|
No tocante ó espacio exterior, o centro conta con aproximadamente 5.000 m2 de xardíns e zonas de xogo e lecer, entre os que se atopa unha pista polideportiva. |
|



