O Contorno
O IES “Monte Carrasco” nace no curso académico 1998-99, para dar resposta ás necesidades de escolarización da poboación estudiantil de 12-16 anos da parroquia de Darbo do concello de Cangas, trala entrada en vigor da LOXSE.
O centro é froito da transtormación dun centro de Educación Primaria, construído no ano 1986 para acoller ao alumnado de 6-12 anos, excedente do ámbito de influencia do CEIP “San Roque”, único centro da zona que acollía ao alumnado de Educación Primaria.
O centro situase no lugar de San Pedro, parroquia de Darbo, no municipio de Cangas. Este está ubicado no extremo sudoeste da Península do Morrazo, en pleno corazón das Rías Baixas. O municipio de Cangas conta cunha superficie total de 38.1 km2 e unha poboación de 25.400 habitantes, sendo a segunda aglomeración urbana da ría despois da cidade de Vigo, coa que mantén conexións de tipo laboral, universitarias, sanitarias e residenciais.
O centro, ubicado no denominado “Monte Carrasco”, de onde toma o seu nome, é unha zona rica en legados prehistóricos, en concreto, petroglifos. Está a unha distancia dun catro quilómetros do centro urbano.
A parroquia de Darbo, contorno xeográfico e social do alumnado que escolariza o centro, está situado no centro do termo municipal de Cangas, sendo a mais poboado do mesmo. Ten unha tendencia clara ao aumento de poboación, pois nos últimos anos, algunhas zonas da mesma estanse a converter en áreas residenciais do propio municipio e do propio Vigo.