Inicio > Programacións > Atención á diversidade
 
 






A4.- Medidas de atención á diversidade.

A4.1.- Reforzo e ampliación.

No caso daqueles alumnos nos que se detecten dificultades para acadar os obxectivos mínimos da asignatura estableceranse medidas de reforzo. De xeito análogo, no caso daqueles alumnos que demostren un dominio claro dos obxectivos fixados para a asignatura estableceranse medidas de ampliación naquelas partes nas que sexa axeitado facelo. As medidas dependerán do número de alumnos e alumnas para o reforzo e/ou ampliación, e tamén do grao de reforzo/ampliación necesario. En todo caso, e de maneira xeral, estas medidas estarán baseadas na proposta de traballo práctico adicional e, de ser posible, o traballo directo co alumnado implicado nelas. Por outro lado, de ser necesario, poderase plantexar a incorporación dalgún alumno ó agrupamento específico, sempre que este exista e cando se detecte que o reforzo plantexado non é suficiente para a consecución dos obxectivos mínimos.

A4.2.- Agrupamentos.

Haberá agrupamento específico en 1º, 2º e 3º da ESO. Nestes grupos, trataremos de seguir a programación correspondente pero facendo especial fincapé nos obxectivos mínimos. Posto que son alumnos con dificultades de aprendizaxe empregarase unha metodoloxía baseada no traballo e reforzo individualizado para tratar de superar os problemas de cadaquén. Asimesmo, tamén se insistirá moito na lectura comprensiva así como na correcta expresión de ideas.

A4.3.- A.C.I.

O departamento colaborou co profesorado de pedagoxía terapéutica na elaboración da A.C.I. dun alumno de 1º ESO e outro de 3º ESO.

A4.4.- P.D.C.

O departamento colaborou na elaboración das programacións da área científico- técnica da 4º ESO co profesorado do departamento de física e química que é quen imparte a materia.arriba