Inicio > Programacións > Contidos e secuenciación
 
 






A8.-Contidos e secuenciación.

A8.1.- 1º curso. Ciencias da Natureza.

      Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007 ( páxinas 12.052-12.153).

Bloque 1. Contidos comúns.
* Familiarización coas características básicas do traballo científico, mediante a identificación de situacións problema, discusión do seu interese, recoñecemento de hipóteses, experimentación etc., para comprender mellor os fenómenos naturais e resolver os problemas que presenta o seu estudo.
* Utilización da experimentación para coñecer mellor os fenómenos naturais e formular suposicións sobre a súa evolución.
* Emprego de modelos sinxelos que contribúan á interpretación dos fenómenos.
* Utilización dos medios de comunicación e das tecnologías da información para seleccionar información sobre a natureza.
* Identificación de datos e feitos científicos sobre a natureza e utilización desa información para coñecela.
* Recoñecemento da importancia do coñecemento científico e a súa evolución histórica para comprender mellor os argumentos que facilitan a toma de decisións sobre situacións sociais e individuais.
* Utilización coidadosa dos materiais e instrumentos básicos da experimentación e coñecemento das medidas de seguridade.

Bloque 2. A Terra no Universo. O Universo e o sistema solar.
* Identificación dos elementos do sistema solar.
* Coñecemento e explicación das características da Terra como planeta. A súa orixe.
* Análise das periodicidades nos calendarios, interpretando os movementos e as posicións no sistema sol-terra-lúa.
* Interpretación, coa axuda de modelos sinxelos, dos fenómenos relacionados cos movementos da Terra: o día e a noite, o ano, as estacións, as fases lunares e as eclipses.
* Uso de técnicas sinxelas de orientación baseadas na observación dos astros.
* Coñecemento da evolución histórica das concepcións sobre a situación da Terra no Universo: xeocentrismo, heliocentrismo e como parte da Vía Láctea. A materia no Universo.
* Realización de experiencias sinxelas para identificar e medir directa e indirectamente as propiedades xerais da materia en diferentes estados.
* Identificación da densidade como propiedade característica das substancias. Utilización, en situacións habituais para diferenciar materiais.
* Diferenciación das características observables dos estados nos cales se presenta a materia. Clasificación de diferentes materiais aplicando criterios.
* Identificación dos cambios de estado. Determinación experimental das temperaturas de fusión e de ebulición dunha substancia pura. Representación gráfica da relación entre a temperatura e o cambio de estado.
* Emprego do modelo cinético para interpretar os estados da materia, as dilatacións, os cambios de estado.
* Diferenciación macroscópica entre mesturas heterogéneas e homoxéneas. Preparación de disolucións da vida cotiá e identificación cualitativa dos seus compoñentes.
* Procura de información e comparación entre a composición de materiais de interese e a súa utilización na vida cotiá.
* Utilización experimental dalgunhas técnicas sinxelas de separación de substancias en mesturas.
* Emprego do modelo cinético para diferenciar mesturas e substancias puras.

Bloque 3. Materiais terrestres: atmosfera, hidrosfera e xeosfera.
* Explicación dos factores que condicionan o tempo atmosférico establecendo a relación entre tempo e clima.
* Interpretación de mapas de clima sinxelos.
* Uso de instrumentos para medir variables ambientais (temperatura, presión atmosférica, humidade do aire, dirección do vento).
* Recolla sistemática de datos e representación gráfica deles.
* Identificación dos compoñentes da atmosfera e as súas propiedades.
* Breve aproximación descritiva á estrutura vertical da atmosfera.
* Recoñecemento do seu papel protector e a súa relación cos seres vivos.
* Valoración da influencia da actividade humana sobre a atmosfera e repercusións na saúde das persoas.
* Recoñecemento do importante papel da auga no clima, así como na paisaxe e nos seres vivos.
* O ciclo da auga, o seu percorrido na natureza e a súa incidencia no medio. Análise da intervención humana nese ciclo.
* Realización de experiencias sinxelas que axuden a comprender a contaminación da auga e os procesos de depuración e potabilización da auga.
* Análise da distribución da auga no planeta e valoración da importancia da auga doce como recurso.
* Caracterización das rochas máis importantes en Galicia e dos minerais que as compoñen; posterior observación e identificación cunha pequena análise da súa formación.
* Relación entre as propiedades e a explotación dos minerais e rochas. O seu impacto ambiental.
* Aproximación descritiva ao modelo en capas e dinámico do interior da Terra.

Bloque 4. A vida na Terra: os seres vivos. Os seres vivos e a súa diversidade.
* Identificación dos requisitos necesarios para a vida.
* Descrición das características que definen os seres vivos: as funcións vitais.
* Identificación dos seres unicelulares e pluricelulares e utilización da lupa para proceder á súa observación.
* Recoñecemento da biodiversidade e a clasificación dos seres vivos nos cinco reinos.
* Observacións de organismos característicos de cada un dos reinos prestando especial atención aos principais grupos do reino vexetal e animal.
* Utilización de claves dicotómicas sinxelas para a súa clasificación.
* Observación dos fósiles como forma de medir a biodiversidade do pasado e indicadores de evolución.
* Razóns da importancia da biodiversidade e a súa valoración como un patrimonio natural.
* Elaboración de informes sobre algunha especie en perigo de extinción ou dalgún espazo protexido próximo e formulación de propostas para contribuír á súa conservación.

Secuenciación 1º eso
Contidos Libro de texto Sesións Avaliación
Tema 1.- O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR : O universo. Ideas antigas e actuais. Compoñentes e orixe. Tamaños e distancias. O sistema solar. Os planetas interiores. Os planetas exteriores. Os asteroides e cometas Coñecemento histórico do universo Tema 1 9
Tema 2.- O PLANETA TERRA: O planeta Terra. Os movementos da Terra. As estacións. A Terra e a lúa. As capas da Terra: A xeosfera, atmosfera, hidrosfera e biosfera. Dous medios para a biosfera Tema 2 9
Tema 3.- OS SERES VIVOS: Características dos seres vivos. A composición química dos seres vivos A célula. A célula animal e vexetal. Os organismos unicelulares e pluricelulares. Clasificación dos seres vivos. Os cinco reinos. As especies. A biodiversidade Tema 3 9
Tema 4.- OS ANIMAIS VERTEBRADOS: O reino animais. Características dos vertebrados. Os mamíferos. As aves. Os reptiles. Os anfibios. Os peixes Tema 4 9
Tema 5.- OS ANIMAIS INVERTEBRADOS: Os poríferos e os celentéreos. Os vermes. Os moluscos. Os artrópodos. Os equinodermos. Tema 5 9
Tema 6.- AS PLANTAS E OS FUNGOS: O reino plantas. As plantas sen flores. As plantas con flores. As follas, O talo e a raíz. A nutrición das plantas. A relación das plantas. A reproducción das plantas. O reino fungos. Tema 6 9
Tema 7.- OS SERES VIVOS MAIS SINXELOS: O reino protistas. O reino moneras. Os virus. Microorganismos O seu papel na biosfera. As enfermidades producidas por microorganismos. A loita contra as enfermidades Tema 7 9
Tema 8.- A ATMOSFERA TERRESTRE: A atmosfera terrestre. Composición do aire. Estructura da atmosfera. A orixe da atmosfera. O estado da atmosfera. A meteoroloxía. A presión atmosférica e o vento. Humidade e nubes As precipitacións. As previsións meteorolóxicas e o clima. O impacto das actividades humanas. Corrección Tema 8 9
Tema 9.- A HIDROSFERA TERRESTRE: A auga da Terra. A auga dos oceanos. A auga dos continentes. O ciclo da auga. A auga que necesitamos. A auga potable. A calidade da auga. Tema 9 9
Tema 10.-OS MINERAIS: Os materiais da xeosfera. Clasificación e orixe dos minerais.Propiedades dos minerais Importancia e utilidade dos minerais Tema 10 9
Tema 11.- AS ROCHAS: As rochas están formadas por minerais. As rochas sedimentarias. Rochas magmáticas As rochas metamórficas. O ciclo das rochas. Os usos das rochas. Tema 11 10
Tema 12.- A MATERIA E AS SUAS PROPIEDADES: A materia. A medida. A lonxitude. A superficie. O volume. A masa. A densidade. Outras magnitudes fundamentais. Tema 12 10
Tema 13.- A MATERIA E A SUA DIVERSIDADE: Os estados da materia. Os cambios de estado. As mesturas As substancias puras. Compostos e elementos. Materiais do século XXI. Os residuos e a reciclaxe. Tema 13 10
Tema 14.- A COMPOSICIÓN DA MATERIA: A materia está formada por átomos. Os elementos químicos. Atomos, moléculas e cristais. As substancias e as fórmulas. Os elementos na natureza Tema 14 10
arriba

A8.2.- 2º curso. Ciencias da Natureza.

      Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007 ( páxinas 12.054-12.155-12.056).

Bloque 1. Contidos comúns.
* Familiarización coas características básicas do traballo científico, mediante a proposta de problemas, discusión do seu interese, aproximación á formulación de hipóteses, experimentación, comunicación dos resultados en diferentes formatos, etc., para comprender mellor os fenómenos naturais e resolver os problemas que presenta o seu estudo.
* Utilización da experimentación para coñecer mellor os fenómenos naturais e comprobar suposicións sobre a súa evolución.
* Emprego de modelos sinxelos para interpretar os fenómenos e identificar as relacións entre conceptos.
* Utilización dos medios de comunicación e das tecnoloxías da comunicación e da información para obter información sobre os fenómenos naturais, no tratamento de datos e interpretación gráfica, na visualización de modelos explicativos, na busca de relación entre variables e na comunicación de resultados e conclusións.
* Interpretación de información de carácter científico e utilización desta información para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente.
* Recoñecemento da importancia do coñecemento científico e da súa evolución histórica, para comprender mellor os argumentos que facilitan a toma de decisións sobre situacións sociais e individuais.
* Utilización correcta dos materiais e instrumentos experimentais e respecto polas normas de seguridade.

Bloque 2. Materia e enerxía. A enerxía nos sistemas materiais.
* Recoñecemento da intervención da enerxía en diferentes situacións cotiás como movementos, deformacións, variacións da temperatura, cambios de estado, etc. Aproximación ao concepto de enerxía e á súa relación cos cambios.
* Utilización de criterios para clasificar as diferentes fontes de enerxía. Valoración, desde o punto de vista ambiental, do emprego de fontes de enerxía renovables e non renovables.
* Valoración do uso da enerxía na sociedade. Problemas asociados á intervención humana sobre o ambiente. Busca de información e valoración de medidas tanto individuais como colectivas de eficiencia e aforro enerxético a curto, medio e longo prazo.
* Transferencia de enerxía: o traballo, a calor e a radiación.
* Recoñecemento de situacións e realización de experiencias elementais en que se manifesten os efectos da transferencia de enerxía entre os sistemas.
* Identificación do traballo como mecanismo de transferencia de enerxía en situacións sinxelas. Valoración das máquinas de uso cotián. Recoñecemento do seu papel no desenvolvemento económico e social.
* Realización de experiencias onde o mecanismo de transferencia de enerxía sexa a calor. Uso do termómetro para medir temperaturas. Diferenciación entre calor e temperatura.
* Observación e comprobación experimental das formas de propagación da calor. Procura, selección e contraste de información sobre as aplicacións cotiás dos materiais illantes e condutores.
* Valoración do emprego das máquinas térmicas, da súa eficacia e do seu rendemento.
* Análise dos procesos de xeración de enerxía a partir de diferentes fontes, do transporte e do consumo de enerxía en Galicia. Valoración das repercusións ambientais.
* Identificación da luz e do son como mecanismos de transferencia de enerxía.
* Realización de experiencias de propagación da luz. Utilización de espellos e lentes para o estudo cualitativo da reflexión e refracción da luz.
* Relación entre a luz e a visión. Estudo cualitativo da descomposición da luz branca.
* Realización de experiencias de propagación e reflexión do son. Relación entre o son e a audición.
* Identificación das aplicacións prácticas relacionadascoa luzeoson paraasociedade.
* Valoración do problema da contaminación acústica e luminosa. Procura e análise de solucións.

Bloque 3. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía interna da Terra.
* Recoñecemento das diferentes manifestacións da enerxía interna da terra: volcáns, terremotos, pregamentos, fallas e formación de montañas. Xustificación cualitativa á luz do modelo dinámico.
* Identificación do papel da enerxía interna na formación de materiais terrestres: magmatismo e metamorfismo.
* Clasificación das rochas magmáticas e metamórficas segundo a súa orixe e pola observación da súa estrutura.
* Procura de noticias de xornais relacionadas coas manifestacións desa enerxía interna e análise das súas repercusións segundo o grao de desenvolvemento do país.

Bloque 4. A vida en acción: as funcións vitais.
* Identificación da célula como unidade básica dos seres vivos e observación ao microscopio apreciando a súa diversidade.
* Caracterización das función de nutrición como un intercambio de materia e enerxía co ambiente.
* Diferenciación dos dous tipos de nutrición: autótrofa e heterótrofa.
* Descrición e comparación cualitativa dos procesos de fotosíntese, respiración e fermentación.
* Valoración da importancia da fotosíntese para a vida na Terra.
* Caracterización e comparación da reprodución sexual e asexual e do seu significado desde o punto de vista da súa variabilidade.
* Recoñecemento das funcións de relación: percepción, coordinación e resposta (movemento).
* Planificación e realización de experiencias sinxelas que poñan de manifesto a influencia dalgunha variable (a luz, o osíxeno, a temperatura, a clorofila....) que incide nos procesos citados.

Bloque 5. Ambiente: o ambiente natural.
* Identificación dos compoñentes dun ecosistema, medio abiótico e comunidade e recoñecemento da influencia dos factores abióticos e bióticos nos ecosistemas.
* Recoñecer o papel dos organismos produtores, e consumidores e descompoñedores no ecosistema e a relación coa reciclaxe da materia e o fluxo de enerxía.
* Aproximación aos conceptos de ecosistema e biosfera. Coñecemento da variedade de ecosistemas (biodiversidade) e a súa organización en biomas.
* Utilización de técnicas de campo para o estudo de dous ecosistemas galegos, acuático e terrestre: ecosistema litoral, de xunqueira, de bosque, de río...
* Coñecemento dalgún espazo protexido en Galicia.

Secuenciación 2º eso
Contidos Libro de texto Sesións Avaliación
O MANTEMENTO DA VIDA: Seres vivos e funcións vitais Composición química dos seres vivos, Coñecemento histórico da célula, Como son as células, A nutrición celular, A nutrición autótrofa e heterótrofa, A fotosíntese, A respiración celular, A reproducción cel. Tema 1 7
A NUTRICIÓN: A función de nutrición, O proceso dixestivo nos animais, A respiración nos animais, Tipos de respiración nos animais, O transporte de substancias nos aniamais, Tipos de aparellos circulatorios, A excrección nos animais, A nutrición nas plantas. Tema 2 5
A RELACIÓN E A COORDINACIÓN: A relación e a coordinación nos seres vivos, Os receptores de estímulos, Os sistemas de coordinación, O sistema nervioso. O sistema endócrino. O aparello locomotor. As respostas das plantas ós estímulos. Tema 3 5
A REPRODUCCIÓN: A reproducción e o ciclo vital, A reproducción asexual nos animais, A reproducción sexual nos animais, A fecundación, O desenvolvemento embrionario e postembrionario, O ciclo vital das plantas, A reproducción asexual e sexual nas plantas, A eficacia da reproducción. Tema 4 5
A ESTRUCTURA DOS ECOSISTEMAS: A biosfera, a ecosfera e os ecosistemas. Compoñentes do ecosistema A interacción do biótopo e a biocenose. O hábitat e o nicho ecolóxico. A alimentación dos seres vivos. As pirámides tróficas. O papel dos productores e descompoñedores. A materia e enerxía . As relacións bióticas. A autorregulación das poboacións. As principais adaptacións dos seres vivos. Tema 5 5
OS ECOSISTEMAS DA TERRA: Os ecosistemas terrestres.Exemplos de ecosist. Terr. Naturais e humanizados. Os ecosistemas acuáticos. Exemplos de ecosistemas mariños e de auga doce. Valoración da biodiversidade. O solo como ecosistema. Os ecosistemas de Galicia. Os espazos naturais protexidos de Galicia. Tema 6 5
A ENERXÍA QUE NOS CHEGA DO SOL: A enerxía do sol. A desigual repartición de enerxía solar. Dinámica atmosférica a escala local e a gran escala. O motor dos axentes xeolóxicos. O efecto regulador da Hidrosfera. O uso da enerxía soslar e os seus riscos. Tema 7 5
A DINÁMICA EXTERNA DO PLANETA: A meteorización das rochas. Os procesos de meteorización. A modelaxe do relevo. Os axentes xeolóxicos. Clasificación dos axentes xeolóxicos. O vento. Os glaciares. As augas bravas. Os ríos. As augas subterráneas. O mar. As rochas sedimentarias. Tema 8 5
A DINÁMICA INTERNA DO PLANETA: A calor interna da Terra. As manifestacións da calor interna. O vulcanismo e tipos. Os terremotos. Riscos debidos a procesos internos. A formación das montañas. A interacción dos procesos internos e externos. As rochas magmáticas e metamórficas. Tema 9 6
A ENERXÍA: Que é a enerxía? Características. Ormas de presentarse. Fontes de enerxía. Enerxías renovables. Enerxías non renovables ( carbón, petróleo, gas natural e uranio). A enerxía en Galicia. O futuro da enerxía. Tema 10 6
A CALOR E A TEMPERATURA: Conceptos. Efectos da calor sobre os corpos. A medida da Tª. Termómetro. A propagación da calor. Conductores e illantes térmicos. A pel como órgano de percepción da calor. Tema 11 6
A LUZ E O SON: Que é unha onda? Os obxectos son como fontes secundarias de luz. A luz propágase e liña recta As sombras e as eclipses. A reflexión da luz. A refracción da luz. A descomposición da luz. A cor dos corpos. A percepción da luz. O ollo. O son. As calidades do son. A percepción do son. O oído. Tema 12 6
arriba

A8.3.- 3º curso. Bioloxía e Xeoloxía.

          Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007 ( páxinas 12.059-12.060).

Bloque 1. Contidos comúns.
* Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de sinxelas investigacións para a resolución de situacións-problema, discusión do seu interese, identificación de variables que interveñen, formulación dalgunha hipótese de traballo, seguimento dunha planificación na posta en práctica, recolla organizada dos datos, interpretación de resultados e comunicación das conclusións.
* Busca, selección e valoración crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.
* Interpretación de información de carácter científico coa axuda de modelos axeitados e utilización desta información para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente, coa axuda das tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.
* Valoración das achegas das ciencias da naturaza ao longo da historia, para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora.
* Asimilar as diferenzas sociais derivadas da desigual repartición da riqueza no mundo, que provoca unhas condicións de enorme desvantaxe en aspectos de saúde e ambiente dos países pobres con respecto aos ricos.
* Posta en práctica correcta dos procedementos experimentais e respecto polas normas de seguridade.

Bloque 2. As persoas e a saúde. A saúde e a enfermidade.
* Identificación dos niveis de organización do corpo humano: aparellos, sistemas, órganos, tecidos e células.
* Valoración da saúde como un ben individual e colectivo. Identificación dos factores que condicionan a saúde e a enfermidade. Importancia dos hábitos de vida saudable e o coñecemento dos factores de risco.
* Coñecemento de varios tipos de enfermidades: conxénitas, hereditarias, crónicas, deficitarias e infecciosas (tipos de seres vivos que as provocan). Valoración do uso dos fármacos e problemáticas derivadas.
* Selección de información e crítica das diferencias dos tipos de enfermidades no mundo globalizado. Propostas de actuación.
* Recoñecemento da actuación do sistema inmunitario nun caso concreto (a gripe, unha enfermidade bacteriana, as alerxias...). Valoración da aplicación das vacinas, os transplantes, a doazón de órganos e as novas terapias con células nai. Sexualidade e reprodución humana.
* Aproximación a unha definición de sexualidade. Recoñecemento da diversidade de sexo. Evolución dos hábitos sexuais ao longo da vida.
* Diferenciación entre sexualidade e reprodución. Valoración dos cambios físicos e psíquicos na adolescencia. Breve referencia aos cambios hormonais. Métodos anticonceptivos.
* Identificación do proceso de reprodución como un mecanismo de perpetuación da especie. Caracterización dos aparellos reprodutores masculino e femenino así como dos gametos, óvulo e espermatozoide.
* A preparación do útero para a fecundación: o ciclo menstrual. Identificación da fecundación, embarazo e parto cunha breve aproximación ao embrión e ao feto. Recoñecemento e valoración dos novos métodos de reprodución asistida.
* Procura e selección de información sobre as enfermedades de transmisión sexual e valoración da saúde e hixiene sexual. Alimentación e nutrición humanas.
* Realización de diagramas e esquemas que axuden a dar unha visión global e integradora de todos os aparellos e procesos que interveñen na nutrición.
* Diferenciación entre alimento e nutriente recoñecendo os principios inmediatos necesarios para o ser humano: proteínas, glícidos, graxas, sales minerais, vitaminas e auga.
* Recoñecemento dos pasos que segue o alimento desde que se inxire ata que se absorbe no aparello dixestivo.
* Coñecemento do papel que desempeñan os aparellos: o respiratorio e a ventilación pulmonar; o circulatorio e a circulación; o excretor e a formación da urina e a excreción no proceso xeral de nutrición.
* Análise de dietas e hábitos saudables na alimentación, destacando a importancia dunha dieta equilibrada. Identificación das principais enfermidades e trastornos da conduta alimentaria. Valoración da alimentación e a saúde.
* Procura, selección de información e análise de etiquetas identificando os aditivos alimentarios e produtos transxénicos. As funcións de relación: percepción, coordinación e movemento.
* Identificación dos mecanismos de resposta do ser humano ante un estímulo: órganos dos sentidos, sistema nervioso e aparello locomotor.
* Coñecemento do papel do sistema endócrino e as hormonas. Identificación da importancia das súas principais alteracións.
* Valoración da saúde mental e dunha actitude crítica e responsable ante as condutas de risco e a influencia do medio social.
* Análise da súa relación co uso das substancias aditivas, alcol, tabaco, estupefacientes.

Bloque 3. As persoas e o ambiente.
* Recoñecemento da dependencia humana dos recursos naturais e da importancia fundamental da súa xestión sustentable. Análise e valoración do uso cotián de recursos básicos (produción e consumo de enerxía, o uso da auga e do aire) e a produción de residuos e o seu tratamento. Utilización de técnicas sinxelas para coñecer o grao de contaminación e depuración do aire e da auga.
* Procura de información verbo dalgúns dos problemas ambientais globais, elaboración de informes e exposicións de resultados utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. O Cumio da Terra en Río 1992 e o Tratado de Quioto. Aproximación ao concepto de sustentabilidade.
* Planificación e posta en práctica dunha actuación para potenciar o desenvolvemento sustentable no medio máis próximo. Valoración dos resultados.

Bloque 4. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía externa. A actividade xeolóxica externa do planeta.
* Análise da paisaxe como resultado da acción conxunta dos fenómenos naturais e a intervención humana. Uso de mapas topográficos sinxelos para a súa lectura e interpretación.
* Identificación mediante imaxes e/ou observacións de campo da acción dos diferentes axentes xeolóxicos externos sobre as rochas e a paisaxe: a meteorización, os torrentes, as augas subterráneas, os ríos, o mar, o xeo e o vento. Identificación do papel dos axentes internos na formación do relevo.
* Recoñecemento da formación de sedimentos a partir dos fenómenos descritos anteriormente e a súa posterior transformación en rochas sedimentarias. A orixe do carbón, o petróleo e o gas natural, e valoración do seu uso e esgotamento.

Secuenciación 3º eso
Contidos Libro de texto Sesións Avaliación
A ORGANIZACIÓN DO CORPO HUMANO: Identificación dos niveis de organización do corpo humano: aparellos, sistemas, órganos, tecidos e células. Variedade de células. A estructura das células humanas. Asociación de células: os tecidos. Órganos, sistemas e aparellos Tema 1 7
A ALIMENTACIÓN HUMANA: Diferenciación entre alimento e nutriente recoñecendo os principios inmediatos necesarios para o ser humano: proteínas, glícidos, graxas, sales minerais, vitaminas e auga.
Análise de dietas e hábitos saudables na alimentación, destacando a importancia dunha dieta equilibrada.
Identificación das principais enfermidades e trastornos da conduta alimentaria. Valoración da alimentación e a saúde.
Alimentación e nutrición humanas. Procura, selección de información e análise de etiquetas identificando os aditivos alimentarios e produtos transxénicos.
Tema 2 7
A NUTRICIÓN HUMANA I: APARELLOS DIXESTIVO E RESPIRATORIO: Realización de diagramas e esquemas que axuden a dar unha visión global e integradora de tódolos aparellos e procesos que interveñen na nutrición O aparello dixestivo. Anatomía. As funcións dixestivas. Inxestión e dixestión do alimento. Absorción e exestión. Enfermidades do aparello dixestivo. Aparello respiratorio. O intercambio de gases. A ventilación pulmonar. Enfermidades do aparello respiratorio. Tema 3 7
A NUTRICIÓN HUMANA II. APARELLOS CIRCULATORIO E EXCRETOR: O medio interno. O sistema circulatorio sanguíneo. O sangue. O corazón. O funcionamento do corazón. A dobre circulación. O sistema circulatorio linfático. Enfermidades do sistmema circulatorio. A excrección e o aparello excretor. O funcionamento dos riles. Enfermidades do aparello excretor. Tema 4 6
RELACIÓN E COORDINACIÓN HUMANA I. SISTEMAS NERVIOSO E HORMONAL: Os sistemas de coordinación. Os compoñentes do sistema nervioso. O sistema nervioso. Coñecemento do papel do sistema endócrino e as hormonas. Identificación da importancia das súas principais alteracións. Valoración da saúde mental e dunha actitude crítica e responsable ante as condutas de risco e a influencia do medio social. Análise da súa relación co uso das substancias aditivas, alcol, tabaco, estupefacientes. Tema 5 5
RELACIÓN E COORDINACIÓN HUMANA II. OS SENTIDOS E O APARELLO LOCOMOTOR: Identificación dos mecanismos de resposta do ser humano ante un estímulo: órganos dos sentidos, sistema nervioso e aparello locomotor. Tema 6 5
A REPRODUCCIÓN HUMANA. O APARELLO REPRODUCTOR: Sexualidade e reprodución humana. Aproximación a unha definición de sexualidade.
Diferenciación entre sexualidade e reprodución. Valoración dos cambios físicos e psíquicos na adolescencia. Breve referencia aos cambios hormonais. Métodos anticonceptivos.
Identificación do proceso de reprodución como un mecanismo de perpetuación da especie. Caracterización dos aparellos reprodutores masculino e femenino así como dos gametos, óvulo e espermatozoide.
A preparación do útero para a fecundación: o ciclo menstrual. Identificación da fecundación, embarazo e parto cunha breve aproximación ao embrión e ao feto. Recoñecemento e valoración dos novos métodos de reprodución asistida.
Procura e selección de información sobre as enfermedades de transmisión sexual e valoración da saúde e hixiene sexual.
Tema 7 6
A SAÚDE E A ENFERMIDADE: Valoración da saúde como un ben individual e colectivo. Identificación dos factores que condicionan a saúde e a enfermidade. Importancia dos hábitos de vida saudable e o coñecemento dos factores de risco Coñecemento de varios tipos de enfermidades: conxénitas, hereditarias, crónicas, deficitarias e infecciosas (tipos de seres vivos que as provocan). Valoración do uso dos fármacos e problemáticas derivadas. Selección de información e crítica das diferencias dos tipos de enfermidades no mundo globalizado. Propostas de actuación. Recoñecemento da actuación do sistema inmunitario nun caso concreto (a gripe, unha enfermidade bacteriana, as alerxias...). Valoración da aplicación das vacinas, os transplantes, a doazón de órganos e as novas terapias con células nai. Tema 8 6
PAISAXE E RELEVO. XEOLOXÍA EXTERNA: A paisaxe. A enerxía solar na Terra. Meteoroloxía e clima. Mapas meteorolóxicos. O relevo e a súa representación. Mapas topográficos. O relevo en Galicia. A meteorización. As formas da modelaxe. As formas da modelaxe en Galicia . As rochas sedimentarias. Tema 9 6
OS IMPACTOS AMBIENTAIS: Influencia humana no medio natural. Os impactos negativos sobre o medio natural. Os impactos sobre a atmosfera. Os impactos sobre a hidrosfera. Os impactos sobre a paisaxe e o solo. Os impactos sobre a biosfera. Os residuos e a súa xestión. A prevención e corrección de impactos. Tema 10 5
OS RECURSOS NATURAIS: Os recursos naturais. Os recursos enerxéticos. A producción de electricidade. Os recursos hídricos e biolóxicos. O desenvolvemento sostible. Tema 11 5
arriba

A8.4.- 4º curso. Bioloxía e Xeoloxía.

      Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007 ( páxinas 12.064-12.065).

Bloque 1. Contidos comúns.
* Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de problemas e sinxelas investigacións, discusión do seu interese, análise de variables que interveñen, formulación de hipóteses, planificación de experiencias, organización dos datos, interpretación de resultados e comunicación de conclusións.
* Busca, selección e análise crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.
* Interpretación de informacións de carácter científico e contraste destas informacións para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente.
* Elaboración de argumentacións e explicacións sobre feitos, observacións ou resultados experimentais, empregando modelos científicos axeitados.
* Valoración das achegas das ciencias da natureza para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora.
* Valoración da evolución do pensamento científico ao longo da historia, salientando a importancia que supón para o desenvolvemento científico e tecnolóxico de cada época.
* Utilización comprensiva de protocolos experimentais e respecto polas normas de seguridade.
* Xustificación de decisións persoais verbo de problemas reais do seu contorno que aseguren un desenvolvemento sustentable e da modificación de hábitos de conduta que promovan a saúde persoal e comunitaria.
* Contribución do desenvolvemento científico e tecnolóxico á resolución dos problemas. Importancia da aplicación do principio de precaución e da participación cidadá na toma de decisións.
* Valoración da educación científica da cidadanía como requisito de sociedades democráticas sustentables.
* Consideración da cultura científica como fonte de satisfacción persoal.

Bloque 2. A Terra, un planeta en continuo cambio. A historia da Terra.
* Recoñecemento da variable tempo xeolóxico: a súa magnitude, a datación relativa e absoluta.
* Identificación dos principios e procedementos que permiten reconstruír a historia da Terra e utilización do actualismo como método de interpretación.
* Recoñecemento do proceso de fosilización. Identificación dos fósiles máis importantes en cada etapa. Utilización dos fósiles como indicadores das características dos ambientes e climas do pasado.
* Reconstrución de historias xeolóxicas sinxelas a partir dunha columna estratigráfica.
* Identificación das eras xeolóxicas e situación dos fenómenos xeolóxicos e biolóxicos máis relevantes que aconteceron en cada unha. A tectónica de placas e as súas manifestacións.
* Recoñecemento e análise das probas do desprazamento dos continentes.
* Localización e análise da distribución dos volcáns, terremotos, cordilleiras, dorsais e fosas oceánicas. Coñecemento do fenómeno da expansión do fondo oceánico, a súa relación co volume constante da Terra e co modelo dinámico da estrutura interna da Terra.
* Recoñecemento das placas litosféricas principais e os seus límites.
* Análise das interaccións entre os procesos xeolóxicos internos e externos, a formación das montañas, os seus tipos e os procesos xeolóxicos asociados, magmatismo e metamorfismo, que completan o ciclo das rochas.
* Análise e valoración dos riscos xeolóxicos en función da dinámica interna da Terra á luz da tectónica de placas.
* Constatación da evolución das ideas no eido do pensamento científico partindo dalgunhas teorías oroxénicas vixentes a finais do século XIX, as ideas revolucionarias de Wegener ata a actual teoría da tectónica de placas. Valoración da construción continuada do pensamento científico.

Bloque 3. A vida no planeta. A célula, unidade de vida.
* Recoñecemento da teoría celular e a súa importancia nas ciencias da vida.
* Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos.
* Caracterización dos diversos tipos de células: procariotas, eucariotas; vexetais e animais. Recoñecemento dos principais orgánulos.
* Utilización do microscopio para a súa observación.
* Identificación do material hereditario no seu contexto celular: cromatina e cromosomas.
* Recoñecemento do ADN como constituínte de cromosomas e cromatina e valoración do papel de James Watson, Francis Crick e Rosalyn Franklin no descubrimento da súa estrutura e as importantes repercusións deste descubrimento.
* Caracterización dos procesos de división celular: mitose e meiose. Relación da mitose co ciclo celular. Relación da meiose coa formación de gametos na reprodución sexual e valoración do papel que desempeña na variabilidade inter e intraespecífica. A herdanza e a transmisión dos caracteres. Xenética mendeliana.
* Recoñecemento e análise das achegas de Mendel e as súas leis da herdanza destacando a extracción de conclusións a partir do tratamento estatístico dos datos.
* Resolución de problemas sinxelos relacionados coas leis da herdanza constatando o uso de estratexias e procedementos da metodoloxía científica na súa resolución.
* Valoración das achegas de Mendel no contexto da evolución constante do pensamento científico no eido da xenética. Xenética molecular.
* Aproximación ao concepto de xene como unidade portadora da información xenética. Recoñecemento do ADN como constituínte molecular do xene, coñecemento do código xenético e das mutacións e a súa relación coa expresión proteica.
* Identificación do cromosoma como forma de organización dos xenes e coñecemento do xenoma, o xenotipo e o fenotipo. Análise dun cariotipo. Xenética humana.
* Aproximación á xenética humana, análise da herdanza de caracteres sinxelos.
* Procura e selección de información dalgunha enfermidade xenética, análise da información, valoración crítica dos posibles tratamentos e comunicación de resultados.
* Coñecemento e valoración das aplicacións e repercusións da enxeñaría xenética: os alimentos transxénicos, aclonación,oxenomahumanoeaterapia xénica.
* Valoración das implicacións ecolóxicas, sociais e éticas dos avances biotecnolóxicos. Análise da repercusión das noticias desta temática. Orixe e evolución dos seres vivos.
* Análise dalgunhas teorías sobre a orixe da vida na Terra e a evolución dos seres vivos: teorías fixistas e evolucionistas.
* Identificación e análise de datos que apoian a teoría da evolución das especies. Recoñecemento da aparición e a extinción das especies.
* Comparación entre as teorías de Lamarck e de Darwin. Recoñecemento do gradualismoeoequilibrio puntuado.
* Procura e selección crítica de información acerca da evolución do home.
* Valoración da biodiversidade como resultado do proceso evolutivo. O papel da humanidade na extinción das especies.

Bloque 4. As transformacións nos ecosistemas. A dinámica dos ecosistemas.
* Construción e identificación de cadeas e redes tróficas no ecosistema como exemplo de dinámica e interacción. Interpretación de pirámides ecolóxicas.
* Análise do ciclo da materia e o fluxo de enerxía nos ecosistemas naturais. Idea de ciclo bioxeoquímico. Análise do ciclo do carbono.
* Recoñecemento e valoración da formación e destrución do solo, do impacto dos incendios forestais, dasespeciesinvasoraseasúa relación coa evolución e a sucesión no ecosistema. Constatación da modificacións dos ambientes polos seres vivos e valoración da intervención humana.
* Investigación dalgún problema ambiental do contorno, e análise crítica a partir das achegas da ciencia. Valoración e comunicación de conclusións.

Secuenciación 4º eso
Contidos Libro de texto Sesións Avaliación
A CÉLULA. UNIDADE DE VIDA: O descubrimento da célula.Os niveis de organización. Os tipos de células. O núcleo celular. Os cromosomas. O cariotipo. O ciclo celular. A división celular nas células eucariotas. A meiose. Comparación entre mitose e meiose. Osignificado da mitose e da meiose. Tema 1 10
A INFORMACIÓN XENÉTICA: Os ácidos nucleicos.A replicación do ADN. O concepto de xene. Mutacións. A expresión da información xenética. A biotecnoloxía. A enxeñería xenética. Aplicacións. Os alimentos transxénicos. A clonación. Implicacións dos avances en biotecnoloxía.Proxecto Xenoma Humano Tema 2 10
HERDANZA E TRANSMISIÓN DE CARACTERES: A reproducción. As experiencias de Mendel. A xenética. Conceptos clave. Interpretación dos experimentos de Mendel. Herdanza intermedia e codominancia As árbores xenealóxicas. A herdanza na especie humana. O diagnóstico prenatal. Herdanza grupos sanguíneos. A determinación xenética do sexo. A determinación do sexo na especie humana. A herdanza ligada ó sexo. Tema 3 12
ORIXE E EVOLUCIÓN DOS SERES VIVOS: A orixe da vida. Principais hipótesis. A evolución biolóxica. A orixe da biodiversidade. O lamarckismo. A teoría da evolución de Darwin e Wallace.A orixe da variabilidade A presión de selección e adaptación. As probas da evolución. Neodarwinismo. Equilibrio puntuado. Especies e especiación. A orixe e a evolución da especie humana. A evolución dos homínidos. Tema 4 10
ESTRUCTURA DOS ECOSISTEMAS: O medio natural. O medio terrestre. Adaptación ó medio terrestre. O medio acuático. Adaptacións. A biosfera, os ecosistemas e os biomas. A alimentación dos seres vivos. As pirámides tróficas. Hábitat e nicho ecolóxico. O terreo como ecosistema. Pricipais ecosistemas de España. Tema 5 12
DINÁMICA DOS ECOSISTEMAS: A enerxía e a materia nos ecosistemas. Os parámetros tróficos. Os ciclos bioxeoquímicos. Os cambios naturais nos ecosistemas. A sucesión ecolóxica. As poboacións. Autorregulación. As pragas e o seu control. Cambios antrópicos. Impactos ambientais. Protección do medio. Os grandes cambios ambientais. Tema 6 12
O RELEVO E A SUA MODELAXE: A paisaxe e o relvo. Os principais relevos terrestres. Procesos externos. Meteorización, erosión, transporte e sedimentación. As concas e os ambientes sedimentarios. Os ríos. Modelaxe fluvial. Os torrentes e as augas salvaxes. Modelaxe torrencial. O vento. Modelaxe eólica. As augas mariñas. Modelaxe litoral. Os glaciares. Modelaxe glaciaria. A modelaxe cárstica. Factores modelaxe Tema 7 9
ESTRUTURA E DINÁMICA DA TERRA: O tempo eos procesos xeolóxicos. O ciclo das rochas. O gradiente xeotérmicoe a calor interna da Terra.Composición e estructura da Terra.Descontinuidades sísmicas A litosfera. A orixe dos relevos e o fixismo. Movementos verticais. A isostase.Desenvolvemento do mobilismo A extensión do fondo oceánico. A tectónica de placas. As placas litosféricas. Procesos nos bordos de placa. Tema 8 9
MANIFESTACIÓNS DA DINÁMICA TERRESTRE: A dinámica interna da Terra. Convección. A convección do manto e os relevos. As dorsais oceánicas e as mesetas continentais. Arquipélagos volcánicos. A subducción. A formación das cordillares. Oróxenos. A tectónica. Deformación das rochas. A interacción dos procesos externos e internos. Os riscos xeolóxicos. Tema 9 9
A HISTORIA DO NOSO PLANETA: A idade da Terra. Xeocronoloxía absoluta e relativa. Actualismo. Os fósiles. A escala do tempo xeolóxico. O precámbrico. O paleozoico: a diversidade da vida. O mesozoico: a era dos réptiles. O Cenozoico: a era dos mamíferos. Tema 10 9
arriba