A6.-Avaliación.
A6.1.- Criterios xerais.
Non só debemos avaliar o que os alumnos saben, senón tamén o que son
capaces de facer, é dicir, as destrezas que poden desenvolver e o grao
de consecución dos obxectivos iniciais da programación. Todo esto
estará en función das actividades realizadas na clase e destinadas a
estimular o desenvolvemento da súa capacidade de aprendizaxe e de
conceptualización. Nunha palabra, a avaliación debe ser un proceso,
unha suma de progresos.
Respecto
á avaliación, teranse en conta os seguintes criterios ademáis
dos xa expostos en cada tema:
- PARTICIPACIÓN
NA AULA: Fai preguntas coherentes? //. Ten iniciativa?
é participativo? // Ideas ordeadas // Facilidade na interpretación de
datos // Aplicación do aprendido a novas situacións // Expresión oral.
- TRABALLO / ESFORZO:
En grupo // Individual // Debates // Experiencias
// Investigación // Exposicións orais // Debuxos ou ilustracións //
Traballo para a casa: erxercicios do libro do alumno // traballo
trimestral // estudio dos contidos do texto.
- CADERNO
DE AULA
: fidelidade ó exposto
// está ó día? ordeado? //
limpeza // Amplía
información? // Fai esquemas, gráficos etc?// Expresión e Ortografía.
Ademais: Debe ser soamente para a asignatura de Ciencias da Natureza,
tamaño folio, cuadriculado e con marxen . Atoparanse coidados e non
posuirán debuxos ou anotacións sen relación coa asignatura Os
exercicios correxiranse sempre na clase e polo propio alumno no
caderno, que estará en todo momento a disposición do profesor.
- PROBA
/
EXAME : Faranse como mínimo dúas por avaliación e nelas
terase en
conta:
- Contidos conceptuais adquiridos.
- Capacidade de razoamento e argumentación.
- Aplicación do aprendido.
- Dominio dos procedementos traballados na
clase.
- Orde e coherencia.
- Expresión e ortografía, claridade e limpeza
coa que está realizado o
exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto. A
cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e
10.
- TRABALLOS FEITOS NA CASA:
Presentaranse sempre
no prazo
establecido. NON SE RECOLLERÁN FÓRA DE PRAZO, agás se o alumno estivese
enfermo ou non asistise á clase ese día por circunstancias
xustificables.
- VALORACIÓN
DAS ACTITUDES: O profesor
debe ter en conta as actitudes do
alumno e avaliar, por suposto negativamente, cando este mostre opinións
ou feitos contrarios ós valores que trata de fomentar esta asignatura:
respeto, tolerancia, convivencia, diálogo, paz, comportamento axeitado,
cooperación …
A6.2.- Avaliación parcial.
Realizaranse tres avaliación parciais.
Para a
cualificación global no trimestre, teranse
en conta os seguintes criterios:
- a cualificación numérica obtida nas probas
escritas
- o caderno de clase e/ou a participación na
Feira da Ciencia
- a
colaboración no desenvolvemento das clases, a participación e
voluntariedade, a realización daquelas actividades puntualmente
establecidas para a casa e a actitude do alumno na aula.
Durante cada trimestre, o profesor
realizará
dúas probas escritas (como
mínimo) que se basarán nos criterios de avaliación das unidades
avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos
relativos a elas.
En cada proba figurarán as
normas e criterios xerais de corrección, que
serán os seguintes:
- Valorarase a orde, claridade, limpeza e
ortografía coa que está
realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este
concepto
- Poderase responder en galego ou castelán, pero
nunca mesturalos
- Non é necesario respostar ás preguntas seguindo
a orde numérica, pero
deberá quedar claro cal é o exercicio que se está a facer e non
intercalar despostas doutros exercicios
A calificación de cada unha
das probas darase
cun número de 0 a 10, e
unha calificación por debaixo de 4 nunha proba,
pode ser motivo de
calificación negativa no trimestre. A obtención da
cualificación dunha
avaliación parcial realizarase da maneira seguinte:
- A cualificación numérica obtida da media das
probas escritas
realizadas suporá o 90% na cualificación da
avaliación parcial.
- Teranse en conta o caderno do alumno, a
realización daquelas
actividades puntualmente establecidas para a casa, a colaboración no
desenvolvemento das clases, a participación, a voluntariedade e a
actitude do alumno na aula. Este apartado poderá supor o 10%
na
cualificación da avaliación parcial. Cada alumno ou alumna poderá
acadar 1 punto neste apartado.
Do mesmo xeito, a incomparecencia non
xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra,
no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o
profesor poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha
cualificación en función dos datos que ten o alumno ata ese momento.
Para obter unha avaliación positiva ó final do
curso, deberanse superar
as tres avaliacións.
A6.3.- Recuperacións.
Realizarase unha
proba
escrita de recuperación da primeira avaliación e outra da segunda
avaliación, para aqueles alumnos ou alumnas que non acadasen unha
cualificación igual ou superior a 5 na avaliación parcial. No caso
dunha recuperación positiva (nota igual ou superior a 5) esta
cualificación substituirá á da avaliación parcial correspondente ós
efectos do cálculo da cualificación da avaliación ordinaria.
En canto á terceira
avaliación, o proceso de recuperación irá incluído no exame final de
xuño, como se indica no apartado seguinte.
A6.4.- Avaliación ordinaria (xuño).
Ó final de curso
realizarase un exame final ó que se presentarán aqueles alumnos que non
teñan acadados os obxectivos mínimos correspondentes a tódalas
avaliacións, é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras
avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota
inferior a 5 na terceira avaliación parcial. Neste exame final o
alumnado terá que realizar as preguntas correspondentes a aquelas
avaliacións parciais non superadas previamente de entre as tres. Este
exame final puntuará sobre 10 cada un dos bloques de preguntas
correspondente a cada avaliación parcial; en caso de superar unha
avaliación parcial previamente non superada, a nota previa será
substituída pola nova cualificación.
A6.5.- Avaliación extraordinaria (setembro).
No caso de non
acadar unha
cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria
de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en
setembro, na que deberá examinarse de toda a materia, independentemente
de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada.
Esta proba escrita estarán
baseada sempre nos obxectivos mínimos que se recollen nesta
programación.
Para acadar unha avaliación
extraordinaria de Setembro positiva, só se terá en conta a
cualificación desta proba escrita, que deberá ser igual ou superior a 5.
A6.6.- Plan de recuperación da materia
de cursos pendentes.
O seguimento dos alumnos que
teñan a
asignatura pendente de cursos anteriores estará coordinado pola xefe de
departamento, sendo responsabilidade do profesor/a que lles imparte
clase no curso actual.
Para o seguimento dos alumnos que
teñan as ciencias da natureza ou a bioloxía e xeoloxía dun curso ou
cursos anteriores avaliadas negativamente estableceranse as seguintes
medidas de atención:
- Realizarase un seguimento con cualificacións en
tódalas avaliacións. Daráselle ó alumno unha serie de exercicios de
recuperación en cada avaliación e deberán entregalos no prazo
establecido. Para a súa elaboración os alumnos/as contarán coa axuda
dos profesores/as do departamento, que resolverán calquera dúbida.
- De considerar que o traballo persoal, xunto co
traballo e actitude na aula son suficientes para o proceso de
recuperación, o alumno obterá un 5 na avaliación. En caso contrario, un
30% da nota obterase pola realización do traballo proposto e o 70%
restante mediante unha proba escrita. Cando un alumno/a non entregue os
exercicios propostos, ou os entregue fóra de prazo sen xustificación
algunha, non se poderá presentar á proba.
- Os alumnos que non consigan superar algunha das
avaliacións, poderán presentarse a unha proba escrita final, no mes de
maio, onde se examinaran da parte ou partes suspensas. A esta proba
escrita final do mes de maio tamén se poderán presentar os alumnos que
non fixeron as probas por partes por non ter entregados os exercicios
propostos.
- Considerarase superada a materia pendente se en
cada avaliación se obtén unha nota igual ou superior a 5, en caso
contrario, a cualificación sempre será igual ou inferior a 4. O
alumnado que non supere a materia pendente no mes de maio poderá
presentarse á proba escrita extraordinaria do mes de setembro, que se
considerará superada cunha nota igual ou superior a 5.
- No caso de alumnos que cursen un PDC, o plan de
recuperación será responsabilidade do profesor que imparta o ámbito
científico-tecnolóxico, tendo especialmente en conta o traballo de aula
e a actitude fronte á asignatura.
A6.7.- Plan de avaliación extraordinaria
para o alumnado con
perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a
clase.
Cando un alumno/a
acumule
faltas de asistencia a clase
de forma inxustificada
e supere o límite establecido no RRI do Centro para a materia, non será
suficiente a superación da proba escrita para que sexa avaliado
positivamente na materia. O alumno/a deberá realizar todo o traballo
atrasado a consecuencia da súa ausencia e entregalo ó profesor no prazo
que este estableza.
Ademais a
proba escrita que se lle propoña poderá ser diferente á do resto da
clase, xa que no seu caso non puido ser cualificado de forma continua
na aula. Do mesmo xeito os criterios de corrección non serán os mesmos
xa que debe quedar garantido, baseándose unicamente nesa proba, que o
alumno/a acadou os obxectivos mínimos da materia.
As medidas
anteriores serán
aplicables tan só ó alumnado que acumulou faltas de forma inxustificada
despois de ser advertidos os seus pais ou titores legais, en caso de
minoría de idade do alumno/a, e o propio alumno/a nos demais casos.