A9.-Criterios
de avaliación.
A9.1.- 1º curso. Criterios de avaliación.
Recóllese a continuación o texto
extraído do
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se
regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade
Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007 ( páxinas 12.054).
- Identificar a situación da Terra no universo e
justificar algúns fenómenos que derivan dos movementos relativos entre
a Terra, a Lúa e o Sol, empreñando modelos para interpretalos.
Trátase
de comprobar que o alumnado é quen de situar a Terra no universo e
explicar fenómenos como a duración dos anos, o día e a noite, as
eclipses, as fases da Lúa, e as estacións, baseándose na interpretación
dos movementos relativos da Terra no sistema solar. Valorarase a
capacidade de empregar modelos sinxelos para a interpretación dos
fenómenos citados.
- Describir cualitativamente algunhas
observacións e procedementos científicos que permiten avanzar no
coñecemento do noso planeta e do lugar que ocupa no Universo.
Trátase de avaliar se o alumnado identifica os
principias argumentos
que permiten o desenvolvemento das teorías científicas, facendo fincapé
nas relacionadas co coñecemento astronómico, a súa evolución histórica
e as súas repercusións sociais. Valorarase a selección, a partir de
diferentes fontes, e contraste de informacións sobre estes argumentos.
- Identificar algunhas propiedades de diversos
materiais cotiáns, como
a masa, o volume, a densidade, os estados en que se presentan, os seus
cambios, e planificar e desenvolver procedementos para
coñecelas.
Preténdese comprobar que o alumnado é capaz de
recoñecer e medir
algunhas propiedades da materia utilizando experiencias sinxelas que
lle permitan investigar as súas características e identificar os
cambios de estado que experimenta, ao mesmo tempo que se valora a
planificación, a posta en práctica, o tratamento dos datos e a
elaboración de conclusións.
- Identificar algunhas propiedades de diversos
materiais cotiáns,
relacionándoos co uso que se fai deles, e diferenciar mesturas de
substancias puras.
Trátase de saber se o alumnado relaciona o uso
dos
materiais na construción de obxectos coas súas propiedades, e se é
capaz de diferenciar as mesturas de substancias puras así como de
utilizar técnicas de separación sinxelas. Valorarase a planificación,
posta en práctica e comunicación das técnicas empregadas,así como a
identificación das propiedades diferenciadoras.
- Interpretar
cualitativamente fenómenos atmosféricos e o ciclo da auga na natureza a
partir de datos e rexistros climáticos e das propiedades da auga como
substancia
Trátase de comprobar se os estudantes son capaces
de explicar, de xeito
sinxelo, os factores que inflúen no tempo atmosférico. Valorarase tamén
a súa capacidade para obteren datos de distintas variables
meteorológicas utilizando instrumentos de medición que lles permitan
familiarizarse con estes conceptos así como para interpretaren algúns
fenómenos meteorolóxicos sinxelos e elaborar en esquemas sobre o ciclo
da auga.
- Identificar as rochas e os minerais máis
frecuentes de Galicia,
utilizando claves sinxelas e coñecer algunhas aplicacións.
Preténdese que o alumnado sexa capaz de recoñecer
os diferentes tipos
de rochas (magmáticas, metamórficas e sedimentarias) e minerais máis
comúns en Galicia e coñeza as súas aplicacións. Valorarase, ademais, a
capacidade para diferencialos a partir de observacións e comprobacións
experimentais dalgunhas das súas propiedades.
- Valorar a importancia do sistema
atmosferahidrosfera- xeosfera para
o desenvolvemento da vida, identificando as repercusións da actividade
humana sobre o medio e realizando propostas e compromisos de
mellora.
Trátase de avaliar se o alumnado identifica algún
dos problemas
ambientais, enunciando posibles consecuencias, e se propón medidas
concretas de actuación na realidade próxima que potencien a redución no
consumo, a reutilización e a reciclaxe.
- Recoñecer que os seres vivos están constituídos
por células e que
levan a cabo funcións vitais que os diferencian da materia
inerte.
Trátase de comprobar que o alumnado é quen de
recoñecer e describir as
características referentes á organización e funcións dos seres vivos, a
partir de mostras, fotografías, debuxos ou outros medios. Valorarase
tamén que o alumnado sexa quen de clasificar os organismos vivos
utilizando claves sinxelas e de identificar os trazos máis relevantes
que os identifiquen como membros dun grupo a través da súa observación.
- Participar activamente na construción,
comunicación e utilización do
coñecemento científico.
Trátase de comprobar que o alumnado se implica
persoalmente na propia aprendizaxe, realizando o esforzo necesario,
valorándose a reflexión sobre os propios procesos de aprendizaxe das
ciencias desde a apropiación dos obxectivos ata a utilización de
criterios de realización para autocorrixirse, no caso de que sexa
necesario.
