A7.-Obxectivos.
Recóllese a
continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de
xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria
obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de
2007 ( páxina 12.052).
O ensino das ciencias da
natureza nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das
seguintes capacidades:
- Comprender e utilizar as estratexias e os
conceptos básicos das ciencias da natureza para interpretar os
fenómenos naturais, así como para analizar e valorar as repercusións do
desenvolvemento científico e das aplicacións tecnolóxicas.
- Aplicar, na resolución de problemas e en
sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das
ciencias, tales como a discusión do interese dos problemas propostos, a
formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e
de deseños experimentais, a análise de resultados, a consideración de
aplicacións e repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia
global.
- Comprender e expresar mensaxes con contido
científico utilizando diferentes linguaxes como oral, escrita, gráfica,
icónica, multimedia, etc. con propiedade, así como comunicar a outros
argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos.
- Buscar e seleccionar información sobre temas
científicos utilizando diferentes fontes e medios e
empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os
traballos sobre temas científicos e o
ambiente, así como para contrastar as opinións persoais.
- Desenvolver hábitos favorables á promoción da
saúde persoal e comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e
sexualidade, facilitando estrategias que permitan facer fronte aos
riscos da sociedade actual en aspectos relacionados co consumo, coas
drogodependencias e coa transmisión de enfermidades.
- Comprender a importancia de utilizar os
coñecementos provenientes das ciencias da natureza para satisfacer as
necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións verbo
de problemas locais e globais aos cales nos enfrontamos.
- Adoptar actitudes críticas fundamentadas no
coñecemento científico para analizar, ndividualmente ou en grupo,
cuestións relacionadas coa ciencia, a tecnología e a sociedade. Coñecer
e valorar os problemas aos cales se enfronta hoxe a humanidade en
relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países
desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e aplicación de medidas,
para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.
- Valorar o carácter tentativo e creativo das
ciencias da natureza así como as súas contribucións ao pensamento
humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates superadores
de dogmatismos e as
revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade
e as súas condicións de vida.
- Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento
científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en
práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de
avaliación para autocorrixirse no caso en que sexa necesario.