PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO
![[Descargar PDF] - [307 Kb] [Descargar PDF] - [307 Kb]](imaxes/iconpdf2.gif)
[PDF, 307 Kb]
A10.-Contidos
mínimos esixibles.
A10.1.- 1º curso.
Bloque 2. A Terra no Universo. O Universo e o
sistema solar.
* Identificación dos elementos do sistema solar.
* Coñecemento e explicación das características da Terra como planeta.
A súa orixe.
* Análise das periodicidades nos calendarios, interpretando os
movementos e as posicións no sistema sol-terra-lúa.
* Interpretación, coa axuda de modelos sinxelos, dos fenómenos
relacionados cos movementos da Terra: o día e a noite, o ano, as
estacións, as fases lunares e as eclipses.
* Uso de técnicas sinxelas de orientación baseadas na observación dos
astros.
* Coñecemento da evolución histórica das concepcións sobre a situación
da Terra no Universo: xeocentrismo, heliocentrismo e como parte da Vía
Láctea. A materia no Universo.
* Realización de experiencias sinxelas para identificar e medir directa
e indirectamente as propiedades xerais da materia en diferentes
estados.
* Identificación da densidade como propiedade característica das
substancias. Utilización, en situacións habituais para diferenciar
materiais.
* Diferenciación das características observables dos estados nos cales
se presenta a materia. Clasificación de diferentes materiais aplicando
criterios.
* Identificación dos cambios de estado. Determinación experimental das
temperaturas de fusión e de ebulición dunha substancia pura.
Representación gráfica da relación entre a temperatura e o cambio de
estado.
* Emprego do modelo cinético para interpretar os estados da materia, as
dilatacións, os cambios de estado.
* Diferenciación macroscópica entre mesturas heterogéneas e homoxéneas.
Preparación de disolucións da vida cotiá e identificación cualitativa
dos seus compoñentes.
* Procura de información e comparación entre a composición de materiais
de interese e a súa utilización na vida cotiá.
* Utilización experimental dalgunhas técnicas sinxelas de separación de
substancias en mesturas.
* Emprego do modelo cinético para diferenciar mesturas e substancias
puras.
Bloque 3. Materiais terrestres: atmosfera,
hidrosfera e xeosfera.
* Explicación dos factores que condicionan o tempo atmosférico
establecendo a relación entre tempo e clima.
* Interpretación de mapas de clima sinxelos.
* Uso de instrumentos para medir variables ambientais (temperatura,
presión atmosférica, humidade do aire, dirección do vento).
* Recolla sistemática de datos e representación gráfica deles.
* Identificación dos compoñentes da atmosfera e as súas propiedades.
* Breve aproximación descritiva á estrutura vertical da atmosfera.
* Recoñecemento do seu papel protector e a súa relación cos seres
vivos.
* Valoración da influencia da actividade humana sobre a atmosfera e
repercusións na saúde das persoas.
* Recoñecemento do importante papel da auga no clima, así como na
paisaxe e nos seres vivos.
* O ciclo da auga, o seu percorrido na natureza e a súa incidencia no
medio. Análise da intervención humana nese ciclo.
* Realización de experiencias sinxelas que axuden a comprender a
contaminación da auga e os procesos de depuración e potabilización da
auga.
* Análise da distribución da auga no planeta e valoración da
importancia da auga doce como recurso.
* Caracterización das rochas máis importantes en Galicia e dos minerais
que as compoñen; posterior observación e identificación cunha pequena
análise da súa formación.
* Relación entre as propiedades e a explotación dos minerais e rochas.
O seu impacto ambiental.
* Aproximación descritiva ao modelo en capas e dinámico do interior da
Terra.
Bloque 4. A vida na Terra: os seres vivos. Os
seres vivos e a súa diversidade.
* Identificación dos requisitos necesarios para a vida.
* Descrición das características que definen os seres vivos: as
funcións vitais.
* Identificación dos seres unicelulares e pluricelulares e utilización
da lupa para proceder á súa observación.
* Recoñecemento da biodiversidade e a clasificación dos seres vivos nos
cinco reinos.
* Observacións de organismos característicos de cada un dos reinos
prestando especial atención aos principais grupos do reino vexetal e
animal.
* Utilización de claves dicotómicas sinxelas para a súa clasificación.
* Observación dos fósiles como forma de medir a biodiversidade do
pasado e indicadores de evolución.
* Razóns da importancia da biodiversidade e a súa valoración como un
patrimonio natural.
* Elaboración de informes sobre algunha especie en perigo de extinción
ou dalgún espazo protexido próximo e formulación de propostas para
contribuír á súa conservación.

A10.2. 2º curso.
Bloque 1. Contidos comúns.
* Familiarización coas características básicas do traballo científico,
mediante a proposta de problemas, discusión do seu interese,
aproximación á formulación de hipóteses, experimentación, comunicación
dos resultados en diferentes formatos, etc., para comprender mellor os
fenómenos naturais e resolver os problemas que presenta o seu estudo.
* Emprego de modelos sinxelos para interpretar os fenómenos e
identificar as relacións entre conceptos.
* Utilización dos medios de comunicación e das tecnoloxías da
comunicación e da información para obter información sobre os fenómenos
naturais, no tratamento de datos e interpretación gráfica, na
visualización de modelos explicativos, na busca de relación entre
variables e na comunicación de resultados e conclusións.
* Recoñecemento da importancia do coñecemento científico e da súa
evolución histórica, para comprender mellor os argumentos que facilitan
a toma de decisións sobre situacións sociais e individuais.
* Utilización correcta dos materiais e instrumentos experimentais e
respecto polas normas de seguridade.
Bloque 2. Materia e enerxía. A enerxía nos
sistemas materiais.
* Recoñecemento da intervención da enerxía en diferentes situacións
cotiás como movementos, deformacións, variacións da temperatura,
cambios de estado, etc. Aproximación ao concepto de enerxía e á súa
relación cos cambios.
* Utilización de criterios para clasificar as diferentes fontes de
enerxía. Valoración, desde o punto de vista ambiental, do emprego de
fontes de enerxía renovables e non renovables.
* Valoración do uso da enerxía na sociedade. Problemas asociados á
intervención humana sobre o ambiente. Busca de información e valoración
de medidas tanto individuais como colectivas de eficiencia e aforro
enerxético a curto, medio e longo prazo.
* Transferencia de enerxía: o traballo, a calor e a radiación.
* Recoñecemento de situacións e realización de experiencias elementais
en que se manifesten os efectos da transferencia de enerxía entre os
sistemas.
* Realización de experiencias onde o mecanismo de transferencia de
enerxía sexa a calor. Uso do termómetro para medir temperaturas.
Diferenciación entre calor e temperatura.
* Observación e comprobación experimental das formas de propagación da
calor. Procura, selección e contraste de información sobre as
aplicacións cotiás dos materiais illantes e condutores.
* Análise dos procesos de xeración de enerxía a partir de diferentes
fontes, do transporte e do consumo de enerxía en Galicia. Valoración
das repercusións ambientais.
* Identificación da luz e do son como mecanismos de transferencia de
enerxía.
* Realización de experiencias de propagación da luz. Utilización de
espellos e lentes para o estudo cualitativo da reflexión e refracción
da luz.
* Relación entre a luz e a visión. Estudo cualitativo da descomposición
da luz branca.
* Realización de experiencias de propagación e reflexión do son.
Relación entre o son e a audición.
* Identificación das aplicacións prácticas relacionadas coa luz e o son
para a sociedade.
* Valoración do problema da contaminación acústica e luminosa. Procura
e análise de solucións.
Bloque 3. Transformacións xeolóxicas debidas á
enerxía interna da Terra.
* Recoñecemento das diferentes manifestacións da enerxía interna da
terra: volcáns, terremotos, pregamentos, fallas e formación de
montañas. Xustificación cualitativa á luz do modelo dinámico.
* Identificación do papel da enerxía interna na formación de materiais
terrestres: magmatismo e metamorfismo.
* Clasificación das rochas magmáticas e metamórficas segundo a súa
orixe e pola observación da súa estrutura.
* Procura de noticias de xornais relacionadas coas manifestacións desa
enerxía interna e análise das súas repercusións segundo o grao de
desenvolvemento do país.
Bloque 4. A vida en acción: as funcións vitais.
* Identificación da célula como unidade básica dos seres vivos e
observación ao microscopio apreciando a súa diversidade.
* Caracterización das función de nutrición como un intercambio de
materia e enerxía co ambiente.
* Diferenciación dos dous tipos de nutrición: autótrofa e heterótrofa.
* Descrición e comparación cualitativa dos procesos de fotosíntese e
respiración.
* Valoración da importancia da fotosíntese para a vida na Terra.
* Caracterización e comparación da reprodución sexual e asexual e do
seu significado desde o punto de vista da súa variabilidade.
* Recoñecemento das funcións de relación: percepción, coordinación e
resposta
* Planificación e realización de experiencias sinxelas que poñan de
manifesto a influencia dalgunha variable (a luz, o osíxeno, a
temperatura, a clorofila....) que incide nos procesos citados.
Bloque 5. Ambiente: o ambiente natural.
* Identificación dos compoñentes dun ecosistema, medio abiótico e
comunidade e recoñecemento da influencia dos factores abióticos e
bióticos nos ecosistemas.
* Recoñecer o papel dos organismos produtores, e consumidores e
descompoñedores no ecosistema e a relación coa reciclaxe da materia e o
fluxo de enerxía.
* Aproximación aos conceptos de ecosistema e biosfera. Coñecemento da
variedade de ecosistemas (biodiversidade) e a súa organización en
biomas.
* Utilización de técnicas de campo para o estudo de dous ecosistemas
galegos, acuático e terrestre: ecosistema litoral, de xunqueira, de
bosque, de río...
* Coñecemento dalgún espazo protexido en Galicia.
A10.3.- 3º curso.
Bloque 2. As persoas e a saúde. A saúde e a
enfermidade.
* Identificación dos niveis de organización do corpo humano: aparellos,
sistemas, órganos, tecidos e células.
* Valoración da saúde como un ben individual e colectivo.
Identificación dos factores que condicionan a saúde e a enfermidade.
Importancia dos hábitos de vida saudable e o coñecemento dos factores
de risco.
* Coñecemento de varios tipos de enfermidades. Valoración do uso dos
fármacos e problemáticas derivadas.
* Selección de información e crítica das diferencias dos tipos de
enfermidades no mundo globalizado.
* Recoñecemento da actuación do sistema inmunitario nun caso concreto
(a gripe, unha enfermidade bacteriana, as alerxias...). Valoración da
aplicación das vacinas, os transplantes, a doazón de órganos e as novas
terapias con células nai.
* Diferenciación entre sexualidade e reprodución. Valoración dos
cambios físicos e psíquicos na adolescencia. Breve referencia aos
cambios hormonais. Métodos anticonceptivos.
* Caracterización dos aparellos reprodutores masculino e femenino así
como dos gametos, óvulo e espermatozoide.
* A preparación do útero para a fecundación: o ciclo menstrual.
Identificación da fecundación, embarazo e parto cunha breve
aproximación ao embrión e ao feto. Recoñecemento e valoración dos novos
métodos de reprodución asistida.
* Procura e selección de información sobre as enfermedades de
transmisión sexual e valoración da saúde e hixiene sexual. Alimentación
e nutrición humanas.
* Realización de diagramas e esquemas que axuden a dar unha visión
global e integradora de todos os aparellos e procesos que interveñen na
nutrición.
* Diferenciación entre alimento e nutriente recoñecendo os principios
inmediatos necesarios para o ser humano: proteínas, glícidos, graxas,
sales minerais, vitaminas e auga.
* Recoñecemento dos pasos que segue o alimento desde que se inxire ata
que se absorbe no aparello dixestivo.
* Coñecemento do papel que desempeñan os aparellos: o respiratorio e a
ventilación pulmonar; o circulatorio e a circulación; o excretor e a
formación da urina e a excreción no proceso xeral de nutrición.
* Análise de dietas e hábitos saudables na alimentación, destacando a
importancia dunha dieta equilibrada. Identificación das principais
enfermidades e trastornos da conduta alimentaria. Valoración da
alimentación e a saúde.
* Procura, selección de información e análise de etiquetas
identificando os aditivos alimentarios e produtos transxénicos. As
funcións de relación: percepción, coordinación e movemento.
* Identificación dos mecanismos de resposta do ser humano ante un
estímulo: órganos dos sentidos, sistema
nervioso e aparello locomotor.
* Coñecemento do papel do sistema endócrino e as hormonas.
Identificación da importancia das súas
principais alteracións.
* Valoración da saúde mental e dunha actitude crítica e responsable
ante as condutas de risco e a influencia
do medio social.
* Análise da súa relación co uso das substancias aditivas, alcol,
tabaco, estupefacientes.
Bloque 3. As persoas e o ambiente.
* Recoñecemento da dependencia humana dos recursos naturais e da
importancia fundamental da súa xestión sustentable. Análise e
valoración do uso cotián de recursos básicos (produción e consumo de
enerxía, o uso da auga e do aire) e a produción de residuos e o seu
tratamento. Utilización de técnicas sinxelas para coñecer o grao de
contaminación e depuración do aire e da auga.
* Procura de información verbo dalgúns dos problemas ambientais
globais, elaboración de informes e exposicións de resultados utilizando
as tecnoloxías da información e da comunicación. O Cumio da Terra en
Río 1992 e o Tratado de Quioto. Aproximación ao concepto de
sustentabilidade.
* Planificación e posta en práctica dunha actuación para potenciar o
desenvolvemento sustentable no medio máis próximo. Valoración dos
resultados.
Bloque 4. Transformacións xeolóxicas debidas á
enerxía externa. A actividade xeolóxica externa do planeta.
* Análise da paisaxe como resultado da acción conxunta dos fenómenos
naturais e a intervención humana. Uso de mapas topográficos sinxelos
para a súa lectura e interpretación.
* Identificación mediante imaxes e/ou observacións de campo da acción
dos diferentes axentes xeolóxicos
externos sobre as rochas e a paisaxe: a meteorización, os torrentes, as
augas subterráneas, os ríos, o mar, o xeo e o vento. Identificación do
papel dos axentes internos na formación do relevo.
* Recoñecemento da formación de sedimentos a partir dos fenómenos
descritos anteriormente e a súa posterior transformación en rochas
sedimentarias. A orixe do carbón, o petróleo e o gas natural, e
valoración do seu uso e esgotamento.

A10.4.- 4º curso.
Bloque 1. Contidos comúns.
* Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a
proposta de problemas e sinxelas investigacións, discusión do seu
interese, análise de variables que interveñen, formulación de
hipóteses, planificación de experiencias, organización dos datos,
interpretación de resultados e comunicación de conclusións.
* Busca, selección e análise crítica de información de carácter
científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e
outras fontes.
* Interpretación de informacións de carácter científico e contraste
destas informacións para formar unha opinión propia e expresarse
axeitadamente.
* Elaboración de argumentacións e explicacións sobre feitos,
observacións ou resultados experimentais, empregando modelos
científicos axeitados.
* Valoración das achegas das ciencias da natureza para lles dar
resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da
súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade
natural e cultural, participando na súa conservación, protección e
mellora.
* Valoración da evolución do pensamento científico ao longo da
historia, salientando a importancia que supón para o desenvolvemento
científico e tecnolóxico de cada época.
* Utilización comprensiva de protocolos experimentais e respecto polas
normas de seguridade.
* Contribución do desenvolvemento científico e tecnolóxico á resolución
dos problemas. Importancia da aplicación do principio de precaución e
da participación cidadá na toma de decisións.
* Valoración da educación científica da cidadanía como requisito de
sociedades democráticas sustentables.
Bloque 2. A Terra, un planeta en continuo cambio.
A historia da Terra.
* Recoñecemento da variable tempo xeolóxico: a súa magnitude, a
datación relativa e absoluta.
* Identificación dos principios e procedementos que permiten
reconstruír a historia da Terra e utilización do actualismo como método
de interpretación.
* Recoñecemento do proceso de fosilización. Identificación dos fósiles
máis importantes en cada etapa.
* Identificación das eras xeolóxicas e situación dos fenómenos
xeolóxicos e biolóxicos máis relevantes que aconteceron en cada unha. A
tectónica de placas e as súas manifestacións.
* Recoñecemento e análise das probas do desprazamento dos continentes.
* Localización e análise da distribución dos volcáns, terremotos,
cordilleiras, dorsais e fosas oceánicas. Coñecemento do fenómeno da
expansión do fondo oceánico, a súa relación co volume constante da
Terra e co modelo dinámico da estrutura interna da Terra.
* Recoñecemento das placas litosféricas principais e os seus límites.
* Análise das interaccións entre os procesos xeolóxicos internos e
externos, a formación das montañas, os seus tipos e os procesos
xeolóxicos asociados, magmatismo e metamorfismo, que completan o ciclo
das rochas.
* Análise e valoración dos riscos xeolóxicos en función da dinámica
interna da Terra á luz da tectónica de placas.
* Constatación da evolución das ideas no eido do pensamento científico
partindo dalgunhas teorías oroxénicas vixentes a finais do século XIX,
as ideas revolucionarias de Wegener ata a actual teoría da tectónica de
placas. Valoración da construción continuada do pensamento científico.
Bloque 3. A vida no planeta. A célula, unidade de
vida.
* Recoñecemento da teoría celular e a súa importancia nas ciencias da
vida.
* Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres
vivos.
* Caracterización dos diversos tipos de células: procariotas,
eucariotas; vexetais e animais. Recoñecemento dos principais orgánulos.
* Utilización do microscopio para a súa observación.
* Identificación do material hereditario no seu contexto celular:
cromatina e cromosomas.
* Recoñecemento do ADN como constituínte de cromosomas e cromatina e
valoración do papel de James Watson, Francis Crick e Rosalyn Franklin
no descubrimento da súa estrutura e as importantes repercusións deste
descubrimento.
* Caracterización dos procesos de división celular: mitose e meiose.
Relación da mitose co ciclo celular. Relación da meiose coa formación
de gametos na reprodución sexual e valoración do papel que desempeña na
variabilidade inter e intraespecífica. A herdanza e a transmisión dos
caracteres. Xenética mendeliana.
* Recoñecemento e análise das achegas de Mendel e as súas leis da
herdanza destacando a extracción de conclusións a partir do tratamento
estatístico dos datos.
* Resolución de problemas sinxelos relacionados coas leis da herdanza
constatando o uso de estratexias e procedementos da metodoloxía
científica na súa resolución.
* Aproximación ao concepto de xene como unidade portadora da
información xenética. Recoñecemento do ADN como constituínte molecular
do xene, coñecemento do código xenético e das mutacións e a súa
relación coa expresión proteica.
* Identificación do cromosoma como forma de organización dos xenes e
coñecemento do xenoma, o xenotipo e o fenotipo. Análise dun cariotipo.
Xenética humana.
* Aproximación á xenética humana, análise da herdanza de caracteres
sinxelos.
* Coñecemento e valoración das aplicacións e repercusións da enxeñaría
xenética: os alimentos transxénicos, aclonación,o xenoma humano e a
terapia xénica.
* Valoración das implicacións ecolóxicas, sociais e éticas dos avances
biotecnolóxicos. Análise da repercusión das noticias desta temática.
* Análise dalgunhas teorías sobre a orixe da vida na Terra e a
evolución dos seres vivos: teorías fixistas e evolucionistas.
* Identificación e análise de datos que apoian a teoría da evolución
das especies. Recoñecemento da aparición e a extinción das especies.
* Comparación entre as teorías de Lamarck e de Darwin. Recoñecemento do
gradualismo e o equilibrio puntuado.
* Valoración da biodiversidade como resultado do proceso evolutivo. O
papel da humanidade na extinción das especies.
Bloque 4. As transformacións nos ecosistemas. A
dinámica dos ecosistemas.
* Construción e identificación de cadeas e redes tróficas no ecosistema
como exemplo de dinámica e interacción. Interpretación de pirámides
ecolóxicas.
* Análise do ciclo da materia e o fluxo de enerxía nos ecosistemas
naturais. Idea de ciclo bioxeoquímico. Análise do ciclo do carbono.
* Recoñecemento e valoración da formación e destrución do solo, do
impacto dos incendios forestais, dasespeciesinvasoraseasúa relación coa
evolución e a sucesión no ecosistema. Constatación da modificacións dos
ambientes polos seres vivos e valoración da intervención humana.