Inicio > Programacións > Actividades complementarias
 
 






A5.- Actividades complementarias e extraescolares.


     O Departamento de Ciencias da Natureza, como ven sendo habitual, participará activamente na organización da Feira da Ciencia e Tecnoloxía que se celebra cada ano no centro, e con tódolos grupos se traballará de cara á presentación de novas experiencias. Aparte disto, están previstas as seguintes actividades:
       No primeiro trimestre (outubro-novembro), cos alumnos de 4º ESO, farase unha saída ás Setas coa finalidade de recoller os exemplares máis comúns da zona e despois montar unha exposición para todos os alumnos do centro.
         No segundo trimestre, en torno ó día 1 de Febreiro, para celebrar o día mundial dos Humedais, faremos tamén con 4º ESO a Saída á Ría coa finalidade de observar as aves migratorias que invernan nela e tamén fixarnos un pouco nas comunidades vexetais que se asentan nas distintas partes.
        No terceiro trimestre, faremos unha saída voluntaria para participar no Día da Ciencia na Rúa en Coruña. Como xa ven sendo habitual, o noso centro leva sempre algúns dos traballos elaborados na Feira da Ciencia.
        Polo demais non hai ningunha outra actividade prevista inicialmente. Sen embargo, isto non impide que calquera dos membros do Departamento poida decidir no transcurso do curso participar nalgunha actividade que considere de interese para o alumnado, estando suxeita a autorización necesaria para a súa realización.arriba