A11.-
Tratamento do fomento da lectura.
En tódolos cursos farase
especial fincapé na expresión tanto oral como escrita porque adquirir
esta competencia supón tamén unha aprendizaxe da lingua dende as
ciencias da natureza.
Como habitualmente saen moitos termos
científicos, os alumnos ó final dos cuadernos elaborarán un glosario
por tema con todas aquelas palabras novas para eles, e nas probas
escritas sempre haberá unha pregunta de definir conceptos.
De cara a foentar
a comprensión lectora, empregaranse os apartados do libro destinados a
tal efecto: “A Fondo” e “O recanto da lectura” . Nestas páxinas
trabállanse lecturas que teñen como finalidade o reforzo das
competencias básicas, especialmente lectora e expresión oral e escrita.
Tamén para cada curso se
propoñerán algúns libros de peto como lecturas voluntarias relacionadas
coa materia impartida.