|
| |
|

|
Outro oficio que tivemos a oportunidade de coñecer foi o relacionado coa
apicultura. Un apicultor permitiunos observar unha colmea, os productos
obtidos polas abellas, e informounos de todo o complexo mundo das mesmas.
|
Entre outras cousas aprendemos que:
-
A abella é un dos poucos insectos que o home cría polos productos que
lle proporciona: o mel, o pole, a cera...
-
As abellas, reunidas na colmea, constrúen un panal formado por celdiñas
hexagonais e nelas deposítanse os ovos que pon a raiña e que se chama
cámara de cría. Nas outras celdiñas depositan as abellas o mel e o pole.
-
Cada colonia ten unha soa raíña, que pode vivir uns cinco anos, e que
só se dedica a por ovos. Para levar un control das raíñas píntanlle un
punto azul se nace nun ano rematado en cero e doutra cor se remata noutro
número.
-
As obreiras son as encargadas de vixiar a colmea,
alimentar ás recién nacidas, ventilar a colmea axitando as ás, limpar e
sobre todo recolleitar o pole e o néctar. O pole cólleno coas patas
posteriores onde teñen un cepillo e unha cestiña; e o néctar líbano coa
lingua e acumúlano no buche, aliméntase del e co que lles sobra fabrican o
mel.
-
Existen distintos tipos de mel segundo o tipo de
flores dos que se alimentan as abellas.
-
Os zánganos son as abellas macho, non traballan,
existen poucos en cada colmea e a súa función é fecundar a raíña.
-
As ferramentas que emprega o apicultor son as
seguintes: o afumador para calmar co fume ás abellas, a espátula, o
cepillo e o traxe para que non lles picasen as abellas.
|