| |
|
Outro dos oficios, dos noso avós e bisavós, que tivemos oportunidade de
coñecer de preto foi ó dos cesteiros. Para aprender sobre este traballo
tivemos no colexio un obradoiro e enterámonos de que os cesteiros
|
-
Son verdadeiros artistas que elaboran diversos tipos de cestas como: cestos,
cestas grandes, medianas, cueiros e demais labores de cestería.
-
As cestas e os
cueiros serven para a recolleita de patacas, do millo e do viño principalmente.
-
As cestas facíanas os homes.
-
Empregaban os seguintes materiais: o mimbre, o salgueiro, o carballo, o castiñeiro e incluso outras madeiras como a nogueira e a
cerdeira.
-
As ferramentas que empregaban son: o burro, a coitela ou coitelo, os
ferros e a poda.
-
Os cesteiros traballaban nun taller fixo ou levaban o seu oficio
de ambulante e tamén cando ía bo tempo facían as cestas ou cestos á beira do
río e vendíanas alí memso ou cerca do lugar onde as elaboraban.
-
Tiñan unha
linguaxe propia: " a verba dos cesteiros".
|