|
| |
|

|
Nas xornadas Culturais, un telleiro do Rosal montou o seu obradoiro no patio.
Todos/as fomos ver como traballaba, fixemos algunhas tellas e escoitamos da súa
boca cousas sobre o seu modo de vida e o seu traballo. Incluso nos ensinou fotos
da súa xuventude cando ía traballar a distintos lugares.
|
Con él aprendemos moita cousas sobre os telleiros ou cabaqueiros
-
Facían as tellas e os tixolos.
-
Traballaban normalmente no verán.
-
Empregaban o barro de peor calidade co
dos oleiros.
-
O telleiro coloca sobre o banco a grede de forma
trapezoidal e de madeira onde se forma o perfil das tellas. Coa peneira
esparce pó de barro amasado, pasándolle unha táboa pequena (o cepillo)
para que quede ben lisa. Colócase a forma, que é un mango que se apoia no
banco. Bótase barro, como fixo na grade, e colle esta e bota o barro por
riba do molde, (a forma) para que colla a feitura. Despois ponse a secar. Os
ladrillos fanse de xeito semellante.
-
Estes traballos facíanos os homes en aldeas ou
vilas e os máis coñecidos eran os Cabaqueiros
do Rosal.
|