CEIP SOBRADA
Tecedeiras, fiadeiras















 

Obradoiros Cestería Tellería
Palilleiras Apicultura
Zoquería Tecedeiras, fiadeiras
Ademais...

 

tecedeira.jpg (103418 bytes)

Cando estiveron as tecedeiras no colexio recibimos moita información sobre este oficio tradicional, poidemos observar de preto como facían o seu traballo no tear, e tamén nos deixaron practicar baixo a súa atenta mirada. Sobre este oficio tradicional aprendemos que:

fiadeira.jpg (68273 bytes)

  • Os teares constan de dúas ordes de pezas:

    • Sustentantes: forman unha armadura con catro pés que sosteñen parte das pezas e, por riba, ben por medio dunhas columnas, ben pola prolongación dos pés, outra serie de travesas aguantan o resto do mecanismo.

    • Sustentadas (todas móbiles) son as seguintes a contar dende o sitio en que se pon a tecedeira: orgo do pano, eixe trasversal no que, por medio dun espeto, se amarra o comezo do lenzo, que se tensa cunha baraza presa ó pecho e o torno. A seguir atópase o pente, aloxado no canal de madeira e suspendido por dous brazos dunha travesa situada na parte posterior. A continuación están os lizos, que son dous, formado cada un por unha transa de fíos que levan no medio un lazo e van suspendidos dunhas cordas que pasan por unhas rodelas, de tal xeito que cando unha baixa a outra sobe debido a dous pedais de madeira chamados premedeiras. No outro extremo do tear atópase o orgo do liño, semellante en todo o do pano.

  • O labor  de tecer:

    • Ponse a tecedeira onda o orgo do pano, pisando unha premedeira con cada pé; calca unha delas e entón a trama divídese en dúas series, unha enriba e outra debaixo, coa man dereita bota a lanzadeira por entre elas, no sector situado diante do pente, tendo antes atado o cabo do fío da canela a un dos da trama. Coa man esquerda recolle a lanzadeira, invirte os lizos e apreta o fío que pasou batendo cara sí co pente, que acciona coa man dereita ou esquerda, segundo a que lle deixe libre a lanzadeira.

    • A seguir, repite a operación de esquerda a dereita e así segue ata rematar.

    • Conforme vai tecendo, vai envurullando o lenzo no orgo do pano e afrouxando o fío no orgo do liño.

    • Para manter a tea estirada cara ós lados, pónselle unha peza de ferro que estira e encolle e que , posta por riba do lenzo, prende nel cuns dentes que leva nos extremos, esta peza é o tempereiro.

    • O rematar o liño que hai no orgo, sóltase do compostorio, quedando o fío sostido polas canas da cruz, e séguese tecendo deica chegar aquelas ós lizos, dándose entón por rematado o traballo, pois só resta quitar o lenzo do orgo do pano.

  • No tear pódense facer tecidos de todas castes, sexan de lá, de liño ou de algodón. A técnica é a mesma para todos eles agás nalgúns coma os lenzos labrados que non son lisos e que presentan certas novidades na fabricación