|
| |
XOGOS POPULARES TRADICIONAIS
Tódolos anos, dentro das Xornadas Culturais, adicamos un día á práctica
de xogos populares tradicionais recollidos da zona (Elástico,
truco, fios, o pano, o trompo, as canicas, rodas, birlos, comba e tabas).
 |
 |
 |
 |
 |
|
o trompo
|
o truco
|
rodas
|
o pano
|
os fíos
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
as canicas
|
os birlos |
a comba
|
a goma
|
as tabas
|
Na primeira edición dos xogos contamos coa participación de pais e
nais que, xunto cos alumnos e alumnas maiores do centro, recompilaron e
ensinaron os xogos máis representativos da zona procurando tamén gardar un
equilibrio entre as habilidades (desprazamentos, saltos...) implicadas en cada
un deles e a distintas idades do alumnado do Centro. Pretendemos así
ofrecerlles tamén un maior abano de posibilidades de xogo para poñer un
práctica nos recreos.
Dado o interese que suscitou a experiencia decidimos repetila ano tras ano
sendo os nenos e nenas de 6º os encargados de ensinar ó resto os
diferentes xogos. Previamente cada encargado prepara o seu xogo e material,
estudia as estratéxias adecuadas para favorecer a participación
(motivación, distribución equilibrada dos nenos e nenas nos grupos de xogo,
explicacións claras e axeitadas dos procedementos e normas de cada xogo...),
intenta adecuarse ó nivel de cada grupo que vai participar...
|