CEIP SOBRADA
Palilleiras















 

Obradoiros Cestería Tellería
Palilleiras Apicultura
Zoquería Tecedeiras, fiadeiras
Ademais...

 

palilleira.jpg (179244 bytes)

Cando estiveron as palilleiras no colexio, poidemos observar de preto como facían o seu traballo, e tamén nos deixaron practicar baixo a súa atenta mirada. Sobre este oficio tradicional aprendemos que:

  • Era un oficio realizado nas zonas costeiras onde as mulleres e fillas dos mariñeiros, contribuían deste xeito, a soster a economía familiar, facendo encaixes.

  • Os encaixes máis fermosos son os de CAMARIÑAS.

  • As ferramentas fundamentais son:

    • A almofada

    • Os palillos: peras de madeira (nogueira, buxo) nas que na parte superior se enrodela o fío. Poden ser de dous tipos palillas e palillos segundo se queira facer un encaixe ancho ou estreito.

  • A realización dos encaixes ten tres fases: Facer o debuxo do encaixe nun cartón. Colocar os alfinetes nos lugares onde se van cruzando fíos e escoller os palillos ou palillas. Comezar a facer o encaixe, trenzando os fíos por pares e cambiando os alfinetes de lugar.