|
CEIP SOBRADA |
|
|
Os obradoiros de oficios tradicionais galegos son unha das actividades que se veñen desenvolvendo, durante os últimos anos, no transcurso das xornadas culturais programadas co gallo da celebración das Letras Galegas. Durante a semana de celebración das mesmas o colexio convértese no centro de traballo de distintos artesáns. O primeiro ano foron as PALILLEIRAS, os CESTEIROS e os TELLEIROS,os que espertaron o interese de todos os nenos e nenas e ofrecéronlles a posibilidade de contemplar, preguntar e practicar o proceso e o resultado destes tres oficios da nosa tradición. De boca dalgún destes artesáns escoitaron incluso anécdotas e experiencias vividas cando practicaba o seu oficio activamente, ratificadas con algunha foto. O segundo ano foron unha escultora do barro, a ZOQUEIRA, a TECEDORA, o FIADEIRO e un COLMEEIRO os que viñeron traballar ó noso colexio e se prestaron a responder a multitude de preguntas que lle foron facendo os nenos e nenas e lles permitiron facer unha breve iniciación na súa práctica. |