Articles
Extraescolares - Sub Categories
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2012-2013
Hola Familias,
FESTIVAL FIN DE CURSO EXTRAESCOLARES
14ª XORNADA LIGA BENXAMÍN MIXTO DE BALONCESTO
Rematou a primeira fase da liga e o fixemos nunha meritoria SEXTA POSICIÓN, dentro do grupo B.
Nesta derradeira xornada enfrentabámonos ao equipo do COB Salesianos masculino, líder da liga e que gañara todos os seus partidos con moita solvencia. O resultado final de 57-7 non deixa dúbidas de como foi o partido, dominio total dos cobistas.
Esta fin de semán comeza a segunda fase na que loitaremos polos postos do 11 ao 14, cos equipos seguintes : O BARCO, VERÍN e FRANCISCANAS.
Oprimeiro partido xogarémolo na nosa pista fronte as FRANCISCANAS dende as 11:30 h.
13 ª XORNADA LIGA BENXAMÍN MIXTA DE BALONCESTO
O partido estivo moi disputado, e non foi ata os dous derradeiros cuartos, cando o equipo visitante logrou unha ventaxa que xa non puidemos reducir. O resultado final foi 25-47.
@s nos@s nen@s fixeron un moi bo partido e puidemos competir cun bo equipo durante case todo o encontro, demostrando unha semana mais, que a progresión está sendo moi boa.
O vindeiro partido disputarase o domingo 22 de abril a partir das 16:00 h no colexio Salesianos, diante estará o conxunto do COB masculino, líder destacado da clasificación e que
gañou todos os partidos da liga. Este será o último partido desta fase.
12 ª XORNADA LIGA BENXAMÍN MIXTA DE BALONCESTO
RESULTADO : DIVINO MAESTRO - FRANCISCANAS : 44-26
Chegou a terceira victoria da tempada a cal nos sirve para situarnos na sexta posición.
Os primeiros cuartos foron moi igualados, pero a partires do descanso o noso equipo mostrouse moi superior ao rival e comenzou a distanciarse no marcador ata chegar a diferencia final de 18 puntos.
É destacable o gran partido realizado por todos os xogadores do equipo que seguen a demostrar cada semán unha milloría notable.
A vindeira xornada, de novo na casa, enfrentaranos ao equipo de Carmelitas.
11 ª XORNADA LIGA BENXAMÍN MIXTA DE BALONCESTO
Non puido ser, e o noso equipo de baloncesto caeu derrotado no seu desprazamiento a Xinzo por un resultado de 73-27, contra un dos mellores equipos da liga.
A verdade é que o equipo local mostrouse moi superior en todo momento ao noso, e non nos diu ningunha opción en todo o partido.
Para este fin de semán, queda aprazado o partido contra Franciscanas, nos próximos días anunciaremos para que día cámbiase o encontro.
10ª XORNADA LIGA BENXAMÍN MIXTO DE BALONCESTO
RESULTADO : DIVINO MAESTRO - SALESIANOS COB "NARANJA" FEMENINO : 62-78
Moi bo partido o que disputaron este domingo no Polideportivo do noso colexio os dous equipos.
O resultado do partido, 62-78, a favor das visitantes, non empaña o excelente encontro que fixo o noso equipo. Na primeira volta este equipo derrotáranos por 40 puntos de diferencia e neste partido a cousa estivo moi igualada e non se decidiu ata os últimos cuartos,debido sobre todo pola diferenza de altura existente entre os dous equipos.
O resultado é mais propio dun partido dunha categoría superior e non dun partido benxamín, conseguíronse moitas canastas e os espectadores puideron disfrutar dun encontro moi entretido e disputado.
A verdade é que a progresión dos nenos e nenas do noso equipo é evidente, en cada adestramento, en cada partido vese unha mellora nos diferentes aspectos deste apasionante deporte.
9ª Xornada de Liga Benjamín Mixto de Baloncesto
Victoria este fin de semana, do noso equipo de baloncesto, no largo e duro desprazamento á vila do Barco de Valdeorras.O partido dominámolo de principio a fin, e nunca peligrou a victoria. O resultado final de 8-39, demostra a superioridade do noso equipo.
A victoria foi un bonito premio para os nosos nenos e nenas despois do madrugón e dos percances, en formas de mareos , que sufriron algúns dos membros do equipo.
A información do día e da hora do partido será ofrecida nos vindeiros días.
8ª Xornada de Liga Benjamín Mixto de Baloncesto
DIVINO MAESTRO - ALLARIZ : 19-69
Bo partido do noso equipo ante o segundo clasificado da liga, pese á clara derrota.
A verdade é que o equipo mellora día a día e vese que pouco a pouco os xogadores individualmente, tamén son capaces de facer máis cousas.Hai que recordar que dos xogadores que forman o equipo, tan só 3 xogaban a tempada pasada, polo que para os oito restantes é a sua primeira tempada, é o seu primeiro contacto co deporte, polo que debemos estar orgullosos da progresión que están levando a cabo.O próximo sábado, 3 de marzo, xogamos contra o equipo do Barco,a partir das 11 da mañá na vila Valdeorresa, unha boa oportunidade para conseguir unha nova victoria.


