Escolares

PEREGRINACIÓN Á CATEDRAL E CELEBRACIÓN DO PERDÓN. 5º e 6º EP

 

O martes 8 de marzo de 2016, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro fixeron unha Peregrinación á Catedral de Ourense, onde organizamos unha Clebración do Perdón na Capela do Santo Cristo.
A verdade e que foi unha experiencia gratificante coa que quixemos potenciar actitudes de reconciliación para a vida diaria con vistas a crear unha cultura de Paz e Perdón. +Fotos

VISITA SALÓN DE PLENOS. 5ºEP

O día 29 de febreiro de 2016, os nos@s alumn@s de 5º de Primaria puideron disfrutar de esta interesantísima saída cultural.

Ademáis das explicacións pertinentes a cargo da Xefa de Protocolo, puidemos debater e facerlles distintas preguntas ao noso Alcalde, Jesús Vázquez Abad e a concelleira de Educación, Mª Belén Iglesias Cortés, sobre algúns dos temas de actualidade na nosa cidade.

Como fin de festa puidemos disfrutar dunha pequena actuación teatro-musical adicada ao Camiño de Santiago 

Ver máis Imaxes

SAÍDA OURENSE LITERARIO. 3ºESO

O 18 de Febreiro de 2016 os alumnos de 3º de Secudaria do noso Centro disfrutaron da actividade "Ourense Literario". Con esta visita guiada os/as alumnos/as coñeceron os costumes, vida e ambiente de literatos galegos como Otero Pedraio, Padre Feijóo, Xocas, Eduardo Blanco Amor, Cuevillas... a verdade e que pasárono estupendamente e xa están desexando que chege a seguinte ocasión de aprender fora das paredes do colexio.

Entroido 2016

O venres 5 de febreiro de 2016, coma en anos anteriores, fixemos un pasarrúas dende o colexio ata a Rúa Pilar Miró e volta. A verdade é que o tempo aguantou xustiño e non nos mollamos en exceso. Mirade que fotos

CLASE MAXISTRAL SIMÓN MUÑOZ. 4ºESO

O 26 de Xaneiro de 2015, Simón Muñoz, técnico superior en Ilustración e debuxante profesional, centrado no hiperrealismo, acompañounos para darnos primeiro unhas nocións da historia do retrato; dende os exipcios e romanos ata os nosos días. Logo, chegou o turno dunha clase práctica, na que os rapaces de 4º de Secundaria desfrutaron seguindo as instruccións deste artista, chegando a facer uns retratos estupendos.
A verdade e que todos quedamos con gañas de saber máis sobre diferentes técnicas de pintura, agardamos verte de novo por aquí, foi un enorme pracer.
Ver máis imaxes da actividade -> Ir
Ver algúns traballos de Simón Muñoz (Hiperrealistas) -> Ir

IV FEIRA DAS CIENCIAS 2016

 

 

O Luns, 18 de xaneiro, organizouse no Colexio a IV FEIRA DAS CIENCIAS, contamos cun total de 47 experiencias, e a participación de 120 alumnos do Centro, a verdade e que foi unha xornada moi movida e divertida na que todos aprendemos moito. Temos que felicitar a todas as Familias que apoiaron os Proxectos dos seus fillos e colaboraron no bo funcionamento da actividade. Foi unha marabilla ver como todo o mundo disfrutaba da experiencia: expositores e visitantes.

 

GRAZAS A TODOS POR FACELO POSIBLE !!!

Deixamos unhas imaxes da feira, en breve subiremos máis:

Fotos subidas o 19 Xaneiro -> Ver fotos.
Fotos subidas o 26 Xaneiro -> Ver fotos.

 

 

 

VISITA AOS FRANCISCANOS 4ºESO

O día 19 de Xaneiro de 2016 os alumnos de 4º de Secundaria acompañados pola profesora de relixión Mª Luz Grande fixeron una saída para coñecer a Igrexa dos Franciscanos, situada no Parque de San Lázaro, foi unha saída marabillosa, foron camiñando e votaron no autobús. coñeceron as características da igrexa ademáis de outros aspectos relacionados coa vida dos monxes franciscanos. Ver máis imaxes

ENCONTROS CON XESÚS 1º Ciclo de Primaria

Os nenos e nenas de 1º e 2º de ep xunto coas súas profesoras e alguhas nais, tiveron os “Encontros con Xesús” o día 13 de este mes de novembro, para celebrar con todo o sentido a nosa festa do Divino Maestro.

Empregamos una paleta de intelixencias múltiples, que resultou moi variada e interesante.
Pola mañá fixemos uns momentos de oración, xunto a Xesús, na capela do Colexio, alí vimos o importante que era entrar en nos mismos para atopar a Xesús (intelixencia intrapersonal), logo para reforzar o clima de festa e xogo, dimos brincos nunhas colchonetas e merendamos no parque, nun bonito entorno natural ( intelixencias interpersonal e naturalista).

Logo fixemos obradoiros coa axuda de nais e mestras, empregando distintas técnicas. Uns bonitos abanicos cos amigos de Xesús, os apóstolos (intelixencia visual e espacial). Cancións e dramatizacións (intelixencia cinestésica e musical). Puzle e rutina “vexo, penso, pregúntome” (intelixenicas matemática e lingüística). Foi una festa moi divertida.

¡¡¡GRAZAS A CANTOS COLABORARON PARA QUE O PASÁRAMOS XENIAL!!!


Distribuir contido