Estás nesta páxina do Ronsel do Paroleiro: III concurso Cartas de amor

Pagina nueva 1

III EDICIÓN DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR


Dende que te coñecín, as mañás xa non son tristes, nin sequera os luns; eses luns de inverno fríos e chuviosos, que coa túa presenza vólvense cálidos e tranquilos coma os días de verán.
Gústanme os teus ollos escuros, que se me cravan na alma cando me miras, paralizándome o pensamento, facendo que todas as cousas malas fuxan da miña cabeza.
Eu, coma unha serpe, retorcéndome nun cesto cheo de tristura, do cal ti me sacas cun sorriso, ti, encantador de serpes que me devolve a vida.
Síntome ben cando me falas, e enmudezo ao sentir as palabras que saen da túa boca e morren nos meus oídos, extasiándome o cerebro.
Dende que te coñecín, as mañás xa non son tristes, nin sequera os luns; eses luns de inverno fríos e chuviosos...
 

*********


O amor que por ti sento
Non se pode explicar
Hoxe fai un ano que o noso
Amor púidose consolidar.
Nunca pensei chegar amar
Tanto a alguén, e nunca
Que un amor fora tan fiel.
O teu sorriso, a túa mirada
O moito que me amas
Sempre... fan que non
Poida pensar noutra
Cousa que en quererte
Quérote!!
 

*********
 

O medo, simplemente iso...
O sentimento que dirixe as nosas vidas.
Hai medos pouco importantes,
Ao frío, á calor, a engordar, á escuridade...
Outros o son máis,
Á soidade, á dor, a non sentir, a que te queiran
Para despois esquecerte.
Medos..temor..pavor..horror...
Sinónimos dese sentimento universal
Que dirixe os nosos actos,
Que nos impide pensar con claridade.
O peor medo, sen dúbida,
O pánico a ser feliz, a ter algo que perder,
E que temos que vencer.
O meu peor pesadelo
Sería perderte,
E aínda así son feliz pensando que se te podo
Perder
É porque estás aí.
Sempre, cada hora, cada minuto...